Os veciños de O Pino piden solucións á Regulación Catastral

0

O Pino, 23 de Nadal do 2017 – O Partido Socialista de O Pino presentará unha moción, abalada por duascentas firmas, pedindo medidas para frear a Regulación Catastral.

A moción en contra da Regulación Catastral, o coñecido como “catastrazo”, será levada a pleno o próximo día 27. É a segunda vez que leva a moción a pleno, desde o Psoe explican que “fai agora un ano xa avisamos de que estábamos a as portas dunha regularización impulsada polo Ministerio de Facenda, agora, en pleno proceso é preciso que a moción sexa aprobada”, afirman.

O Pino figura, como así indican o portal da Dirección Xeral do Catastro, como un dos concellos sometido ao proceso de regularización catastral (data límite 1 de xullo 2018). Proceso que inicia de oficio a Administración e que incorpora o Catastro Inmobiliario os bens inmobles urbanos e rústicos con construcións, así como todas aquelas alteracións nas súas características.

O método máis utilizado, polas empresas, para realizar estes estudos é o da fotografía, “fotos que xa se realizaron en varias parroquias do concello”, segundo informan os Socialistas.

O Psoe local, pretende modificar a ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles, fixando o tipo de gravame para ós bens de natureza rústica no 0.30%, asemade, establecer unha bonificación do 95% da cota íntegra do IBI para os bens inmobles nos cales se desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras.

Duascentas firmas apoian a moción

Xunto coa moción, o Psoe de O Pino, rexistrou duascentas firmas de varios veciños/as como mostra de apoio, “veciños/as que temen unha subida do imposto (IBI), descoñecen o pago da taxa de regularización que ascende a 60€ por referencia catastral, e que non saben como formular as alegacións” apuntan.

Por todo ilo, xa adiantan que a partir de xaneiro organizaran charlas informativas sobre o denominado “Catastrazo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial