Pintada a favor da mina na porta dun negocio de Touro

0

Touro, 10 de xuño do 2018 – Un negocio de Touro, pertencente a unha persoa da Plataforma Mina Touro O Pino NON, apareceu hai uns días cunha pintada a favor da instalación do proxecto.

A Asociación Aldea Viva explica que a convivencia ven deteriorándose desde que se coñeceu o proxecto de reapertura da Mina pero que a pinta vai máis alá do admisible. Lembran que desde o inicio creáronse perfís falsos nas redes sociais asociados a promoción da mina “estes perfís actúan facendo comentarios que xeran tensión e inundan con comentarios tendenciosos as publicacións da Plataforma buscando a confrontación. En algún caso estes perfís teñen chegado a publicar datos de persoas que rexeitan o proxecto”.

Aldea Viva critica tamén as declaracións de Alberto Lavandeira, director do proxecto, cualificando de iluminados aos veciños que se opoñían e acusándoos de estar politizados. Según a Asociación os concellos de Touro e O Pino no canto de intentar calmar o ambiente e buscar a convivencia pacífica votaron máis leña ao lume. O alcalde de Touro Ignacio Codesido o fixo ao rachar un papel coas demandas dos veciños o que provocou aínda máis malestar.   

Todas estas situacións foron máis alá cando unha familia de Touro atopou pintada a fachada do seu negocio. Según Aldea Viva tratase ” dunha crónica anunciada de ruptura social provocada polos intereses comerciais dunha empresa privada e incentivada polo mal facer dos xestores públicos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial