займ срочно

Fan pintadas  na sede de Ciudadanos en Compostela

0

Compostela, 16 de marzo do 2017 – O portavoz de Cidadáns Galicia, Javier Sánchez Agostiño, afirmou, en relación ao ataque rexistrado na sede de Ciudadanos en Santiago de Compostela,  que “Non é a primeira vez que unha sede do noso partido é atacada, desgraciadamente hoxe tocoulle á nosa , estas cousas están a ocorrer e o que temos que facer, en contra do que queren que é calarnos, é seguir traballando con máis forza e traballar unidos para que este tipo de ataques non sucedan”.

Sanchez Agostiño apuntou que o incidente rexistrado esta madrugada ” é o segundo ataque que sofre a nosa sede no últimos seis meses”. Sinalou ademais que no ataque “producíronse danos na fachada polas pintadas e mensaxes escritas sobre a pedra, cristal e ventá da mesma” “presentouse denuncia por estes feitos ante a comisaría da Policía Nacional”.

O Portavoz de Ciudadanos Galicia condenou “as ameazas, as coaccións e a violencia en todas as súas formas” e afirmou que “máis que un ataque a un partido é un ataque á democracia” “a política non se basea na loita duns contra outros senón na procura do consenso e o respecto ás leis”. Finalmente,  Sanchez Agostiño asegurou que ataques desta índole o único que conseguen é ” que desde Cidadáns sígase traballando con “máis forza, con máis ganas e sempre en favor da defensa dos dereitos e os intereses de todos os cidadáns”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies