A Deputación colabora na reparación da piscina de Santa Comba

0

Santa Comba, 13 de setembro do 2017 –  A Deputación da Coruña financiará obras de mantemento e reparación na piscina de Santa Comba asumindo o 80 por cento da obra.

O proxecto da piscina de Santa Comba, cuxa aprobación será ratificada na sesión plenaria do vindeiro venres 15 de setembro, conta cun orzamento total de 69.400 euros, dos cales o 80% será aportado pola Deputación.

No vaso da piscina, os traballos incluirán a rehabilitación do revestimento interior que está en contacto coa auga, mediante a instalación dunha lámina sintética de PVC-P, armada con malla de poliéster e recuberta cun verniz protector.

Así mesmo, en todo o perímetro da piscina instalarase unha membrana antideslizante, co obxectivo de mellorar a seguridade e evitar posibles accidentes.

Complementariamente, tamén se instalarán novos ancoraxes para as corcheiras, boquillas de aspiración e impulsión e de sumidoiros.

En canto ao circuíto de auga quente, o proxecto contempla a instalación de tres acumuladores de auga quente de 1.000 litros de capacidade cada un e un intercambiador de placas de150kWde potencia. Asemade, tamén se renovarán tubaxes, bombas, equipos e sondas para adecuar a instalación.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies