A piscina municipal de Brión amplía a oferta de actividades

0

Brión, 5 de setembro do 2017 – O concelleiro de Deportes de Brión, Xesús Quintela, acompañado do técnico de Deportes, José Manuel Trigo, e da directora da piscina municipal de Brión, Silvia Fadeville, visitou esta fin de semana o complexo deportivo brionés, onde tivo lugar a presentación da nova marca da empresa Aquafit: BeOne. Unha nova marca coa que a compañía concesionaria xestionará a partir de agora a piscina municipal de Brión.

Un cambio que non suporá incremento algún no prezo dos abonos pero que permitirá ampliar a oferta de actividades para o curso 2017/2018. “Vai haber máis actividades, sobre todo actividades gratuítas para aqueles que teñen o abono familiar”, explicou Silvia Fadeville, quen anunciou tamén que se buscarán sinerxias coas outras dúas instalacións que xestiona BeOne na comarca, na Ramallosa (Teo) e Bertamiráns (Ames), tanto á hora de organizar actividades como de poder acceder ás instalacións.

Así mesmo, Silvia Fadeville plantexoulle ao concelleiro de Deportes brionés a posibilidade de construír unha zona de adestramento na parcela anexa á piscina municipal de Brión para preparar probas como a “Heroican Race”, unha carreira de obstáculos na que os participantes poñen ao límite a súa pericia, destreza e valor. De feito, Xesús Quintela amosouse moi interesado en poder organizar no futuro unha proba semellante en Brión e ofreceu toda a colaboración do Concello de Brión.

BeOne

O grupo galego Serviocio/BeOne xestiona a piscina municipal de Brión tras adquirir a empresa Aquafit, que dirixía este centro deportivo dende 2011. Seis anos nos que estas instalacións convertéronse nun referente da actividade deportivo en Brión, animando ás familias do municipio a facer deporte dunha maneira saudable e coordinada por técnicos profesionais.

A piscina municipal de Brión convértese deste xeito nun novo Centro BeOne, un cambio que vai máis aló do nome comercial e que supón unha evolución nos protocolos de traballo e no servizo aos socios cara a innovación e a pesonalización. Aplicaranse novas políticas de xestión e organización cun obxectivo: a proximidade e o benestar dos usuarios e as súas familias.

A piscina municipal de Brión é un dos 18 centros que o grupo Serviocio/BeOne xestiona en Galicia. No resto de España, esta empresa radicada en Carballo suma 35 centros e dá servizo a máis de 160.000 usuarios e usuarias.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies