Nova pista multideporte no Campo da Feira de Ordes

0

Ordes, 28 de novembro do 2017 – O Concello de Ordes iniciou as tarefas de construción dunha pista multideporte no mesmo campo da feira.

A nova infraestructura do Campo da Feira, que segundo o previsto estará á disposición da veciñanza de cara á ponte da Constitución, posibilitará a práctica de distintas modalidades deportivas como fútbol, baloncesto, voleibol ou bádminton. O orzamento para este proxecto ascende a 29.000 €, IVE incluído.

A nova pista, realizada en material de caucho en rolo de 5mm, terá unhas dimensións de 14 x 19,5 metros. Inclúese a subministración e instalación de Tramex de 2 metros de altura que rodeará todo o perímetro para acadar unha maior seguridade para usuarios, peóns e condutores que transiten pola zona. Esta barreira de seguridade incluirá o fondo das porterías a 3 metros, con acceso por un dos laterais.

A área irá debidamente pintada en distintas cores (vermello para a base e gris para as áreas), e estará dotada de elementos como aros, taboleiros, porterías brasileiras e de fútbol sala.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies