O festival Placeres ocultos comezará coas francesas Gloria

0

Compostela, 5 de febreiro do 2018 – O mércores 21 de marzo a formación francesa Gloria será a encargada de abrir o ciclo Placeres ocultos en este 2018.

O Ciclo Praceres Ocultos, organizado por Desconcerto Cultural, chegará con esta cita ao seu concerto número 30. Gloria é un misterioso sexteto francés con tres voces femininas á fronte e emerxido desde as catacumbas de Lyon. A banda posúe un disco de debut, “ In Excelsis Stereo” ( Howlin’ Banana Records), que fixo as delicias de todos os afeccionados ao sixtie en Europa. Pero non é unha viaxe nostálxica o de Gloria; a frescura coa que dominan as harmonías vocais, o fuzz máis garagero e os sons da Costa Oeste, fan á banda totalmente actual e fascinante.

Gloria chega a Compostela cando están a piques de editar un segundo traballo, o mini LP “ Oîdophon Echorama” co mesmo selo parisiense do seu debut e no que profundan nalgunhas das claves que fixeron que o seu disco sexa un dos vinilos máis desexados e o seu directo un pequeno acontecemento da cultura pop.

As entradas poden adquirirse en Entradium e A Reixa Tenda a un prezo anticipado de 8€. O prezo en despacho de billetes será de 10€. Podes consultar toda a información na web do ciclo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies