O Plan único da Deputación da Coruña investiu en Touro dous millóns de euros

0

Touro, 11 de setembro do 2018 –  O Plan Único da Deputación da Coruña financia 49.911,24  euros as obras de reposición das beirarrúas do lugar de Loxo e o acondicionamento de diversos camiños municipais en Mourelos de Abaixo, no concello de Touro.

As obras rematan hoxe martes  a fase de licitación na Plataforma de Contratación do Estado. Son unha parte dos 2 millóns de euros que o Plan Único inviste nos exercicios 2017 e 2018 no municipio e que permitirán a execución de 16 obras destinadas a mellorar as infraestruturas municipais. Pavimentacións e melloras en camiños en Laña, Bama, Corneda, Vilanova, Oca de Arriba, Loureda, Bendaña, Subres e outros son algunhas das obras que contarán con financiamento provincial, así como a construción dunha senda peonil entre Abelenda e Loureiros.

No caso da obra de Loxo, os traballos consistirán na demolición das actuais beirarrúas e a reconstrución de 175 metros lineais na marxe esquerda e 135 m. na marxe dereita, ambas de 1,60 metros de ancho, con bordo prefabricado e baldosa de formigón sobre superficie de zahorra. As obras contribuirán a mellorar a seguridade peonil na zona, xa que as actuais beirarrúas atópanse nun estado deficiente.

O proxecto inclúe tamén a reparación e pavimentación de viais municipais no núcleo de Mourelos de Abaixo, aos que se dotará dunha nova capa de aglomerado en quente nunha superficie total de 1.108 metros cadrados.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial