Un proxecto de planta de reciclaxe motivo de preocupación en Teo

0

Teo, 17 de maio do 2018 – A solicitude de instalación dunha planta de reciclaxe de residuos na Casalonga, foi o tema da reunión informativa convocada polo concello de Teo coa veciñanza do lugar.

Os permisos para a planta de reciclaxe foron solicitados pola empresa Toysal. Trataríase dun espazo de xestión de residuos situado nas antigas instalacións  da canteira de Casalonga. A solicitude presentada no concello é de compatibilidade urbanística xa que a tramitación administrativa corresponde a Xunta de Galicia.

Imaxe aérea da antiga canteira de Casalonga

Á vista do proxecto, e preocupados polo impacto que pode ter unha instalación destas características nunha zona residencial e cunha alta densidade de poboación dende o Concello convocouse á veciñanza para informar dos datos que se teñen ata o momento. O alcalde, Rafael Sisto, destacou na reunión a importancia do período de exposición pública, momento no que se poden presentar alegacións. A veciñanza presente falou da necesidade de iniciar accións para que todos sexan conscientes do problema e da posibilidade de crear unha plataforma de afectados.

A nivel municipal realizarase unha reunión de voceiros a semana próxima para informar do tema e ver que accións se poden realizar a nivel institucional.

O proxecto presentado pola empresa pódese consultar aquí . Ao mesmo tempo o concello encargou un informe que tamén pódese ver aquí .

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial