A Plataforma Casalonga Limpa de residuos mostrouse no San Martiño

1

Teo, 12 de novembro do 2018 – A Plataforma Casalonga Limpa de residuos inundou a feira do San Martiño das cores negras e amarelas do colectivo para lembrar que a ameaza está tan só a 400 metros da carballeira.

A plataforma quixo poñer en valor o patrimonio ameazado pola planta/vertedoiro de residuos nos humidais da antiga canteira da Casalonga facéndose presente na gran Feira Cabalar do San Martiño. Unha feira que acolle milleiros de visitantes todos os 11 de novembro dende fai máis de 500 anos e que está situada a menos de 1km da zona ameazada.

O stand da plataforma estivo na feira do San Martiño a disposición de quen desexou facerse socio/a ou precisou mercar camisetas ou pegatinas. Ademais repartíronse 4.000 panos e regaláronse 150 mandís as persoas responsables de servir o polbo.

As persoas asistentes acolleron moi ben esta iniciativa e amosaron o seu compromiso coa causa lucindo o pano negro/amarelo co logo da plataforma ao redor dos seus pescozos, visible tamén en todos os postos e incluso nalgúns animais da feira.

A plataforma Casalonga Limpa de Residuos naceu como resposta a un proxecto dunha gran empresa dedicada á xestión de residuos que mercou 41 hectáreas de terreos no monte da Casalonga. A intención da empresa é crear un macrocomplexo de recepción de residuos (290.000 Tn) baixo a máscara dunha planta de biogás e un plan de restauración da canteira.

Aínda que os dous plans foron denegados polas administracións competentes, por incompatibilidades legais e tras a mobilización cidadá, a empresa xa solicitou información nos organismos competentes para volver a presentar outro proxecto na mesma liña.

No San Martiño este ano fíxose visible que a ameaza medioambiental segue presente.  A veciñanza amósase consciente da problemática e saben que non poden baixar a garda se queren protexer de toneladas de residuos o seu monte, as súas vidas e o seu patrimonio cultural.

Máis información en   http://casalongalimpa.gal e no facebook Casalonga Limpa de Residuos

Share.

1 comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial