A Plataforma Feminista de Ames pide o cambio dun dos actos do xoves e o concello decide mantelo (actualizado 12:31)

0

Actualización (12:30) 

Desde o concello explícase que non é o único caso o de Ames no que se celebran actos no mesmo dia da folga e desde o concello quere aproveitarse para renderlle homenaxe a Filomena Fraga polo que o acto non se cambiará.

Ames, 7 de marzo do 2018 – A Plataforma Feminista de Ames ven de pedir ao concello que cambie o acto de homenaxe a Filomena Fraga, previsto este xoves as oito da tarde, por coincidir coa manifestación comarcal.

A Plataforma Feminista explica que desde hai anos convócase unha manifestación en Compostela as 20 horas pero ademais, por primeira vez, organizarase unha folga Xeral de 24 horas, para reclamar igualdade real de oportunidades e dereitos entre homes e mulleres.

O colectivo amiense é por outra banda un dos organizadores dos actos “ese día as mulleres non traballamos. Facemos un chamado a todas as mulleres a parar nos nosos postos de traballo, nos espazos de coidados e nos hábitos de consumo. Que traballen eles! Queremos que esta folga sexa visible e teña repercusión. A Plataforma Feminista de Ames participa na organización da manifestación de Compostela, pois entendemos que é fundamental traballar nunha gran manifestación comarcal que de visibilidade á protesta”.

Para este xoves as oito da tarde, a mesma hora que a manifestación convocada en Compostela, o concello de Ames organiza unha Homenaxe a Filomena Fraga “unha muller extraordinaria sen dúbida merecedora de recoñecemento no Día Internacional das Mulleres, e todos os días do ano”. A Plataforma diríxese a ela para explicar a súa postura “Lamentamos non poder acompañarte pero como sabes, terémoste no corazón mentres berramos pola igualdade que ti tamén defendes”.

A Plataforma Feminista de Ames remata convidando a  “O alcalde de Ames Jose M. Miñones Conde e no seu nome A concelleira delegada da Área de Servicios Sociais Luisa Feijo Montero” a mudar a data da homenaxe, para que as mulleres da corporación podan asistir a manifestación de Compostela, xa que “Creemos que non é axeitada a hora pero tampouco a data pois obriga a mulleres a traballar o día da Folga Feminista. Facemos un chamamento as mulleres do concello e comarca a participar da concentración que se fará as doce diante do concello de Ames, as oito na praza 8 de marzo en Compostela e a secundar a Folga Feminista de 24 horas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial