A Plataforma Mina Touro O Pino NON entregou as súas demandas a Ministra de Industria

0

Compostela, 6 de agosto do 2019 – Membros da Plataforma  veciñal Mina Touro O Pino  NON tiveron a oportunidade de entregarlle as súas demandas a Ministra de Industria Reyes Maroto.

O colectivo reuniuse no concello con algúns dos distintos grupos municipais despois das pasadas eleccións municipais. As reunións tiveron lugar tanto con membros da actual Corporación municipal (coa  concelleira de  medioambiente Mila Castro e a de urbanismo Mercedes Rosón), como con Martiño Noriega de Compostela  aberta e con Goretti Sanmartín do BNG

Non foi posible a reunión co Partido Popular e están a espera de ser recibidos. A Plataforma agradeceu a todos o tempo dedicado a escoitalos e o interés mostrado no problema. A todos fíxoselles chegar de  primeira man as afeccións do proxecto, os impactos que, de saír adiante, tería na saúde, no medio natural, no patrimonio e no medio socioeconómico.

Coincidencia coa Ministra

Aproveitando a presenza na cidade da Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, fíxoselle chegar moi brevemente, un documento que recolle o traballo da Plataforma. Os veciños agradecen igualmente a deferencia da Ministra por terlles dedicado un anaco do seu tempo.

A PLataforma coa Ministra de Industria reyes Maroto

A PLataforma coa Ministra de Industria reyes Maroto

Dous anos de tramitación

O proxecto, actualmente en trámite, para a reapertura e ampliación da mina de cobre ao descuberto foi presentado o 25 de agosto de 2017 pola empresa Cobre San Rafael. Están a piques de cumprirse dous anos en tramitación e, como explica a Plataforma, a pesar dos problemas e carencias na documentación e dos impactos que puxeron de relevo informes elaborados por distintos departamentos da Xunta e por outros organismos e expertos, aínda non se resolveu negativamente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial