A Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON presenta 26.000 sinaturas ante a Xunta

0

Bisbarra, 11 de xullo do 2018 – As 11 de este mércores a Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON presentará, no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia as 26.000 sinaturas recollidas en contra do proxecto.

O colectivo estará acompañado por representantes da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa que tamén colaboraron na recollida. A recollida de sinaturas foron outro dos métodos de oposición ao proxecto de mina, ademais das charlas, proxección de documental, manifestación e recursos presentados ante a administración autonómica.

Como complemento a estas medidas, que a Plataforma anuncia que continuarán, hoxe mesmo abrirase unha campaña na web Change.org e que servirá para seguir recollendo firmas que sumar as 26.000 que hoxe se presentan.

Os últimos informes sectoriais dados a coñecer definen o proxecto como “un grave perigo para a saúde pública e incompatible co aproveitamento gandeiro e forestal”. Pola súa banda, o Instituto Geológico y Minero de España sinalou que o cálculo dos custos é “confuso”.

 

Manifestación diante do concello de Touro e recollida de sinaturas

Manifestación diante do concello de Touro

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial