A Plataforma Mina Touro – O Pino denuncia falta de transparencia

0

Touro, 31 de Nadal do 2017 – A Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON critica a falta de transparencia do Goberno Local de Touro ao negarse a solicitar información sobre os voos do VTEM, cos que as empresas intentan situar novos xacementos de mineral.

As queixas da Plataforma nacen no último pleno do ano en Touro, ao que asistiron. En el o BNG presentaba tres mocións relacionadas coa posible apertura da mina de Touro – O Pino.

Falta de transparencia

Na primeira das mocións evidenciouse a falta de transparencia xa que o alcalde recoñeceu que aceptara manter os voos nun segundo plano. A moción tiña que ver con estes voos chamados VTEM de exploración xeolóxica e que no mes de novembro tiñan un accidente cerca dunha poboación. Na moción se instaba á corporación a adoptar os seguintes acordos:

– Solicitar á empresa promotora das investigacións os permisos en vigor para sobrevoar o concello e a altura á que debe facelo.

– Denunciar ás autoridades pertinentes calquera voo que se produza por debaixo da altura mínima permitida.

– Solicitar á empresa que cese nas investigacións que afecten a lugares habitados ou de labor agrícola, susceptibles de causar vítimas de producirse nun futuro accidentes similares.

No debate da moción, o alcalde, Ignacio Codesido, manifestou que “soliciteille á empresa que mandara unha copia dos permisos. Temos os permisos aí, dixéronme que non lle dera publicidade” o que levantou os ánimos dos veciños presentes. O debate non conseguiu que o rexedor mostrara os permisos nin a altura autorizada para os voos. Finalmente a moción foi denegada cos votos encontra dos oito concelleiros do PP e os votos a favor do BNG (dous concelleiros) e PSOE (unha concelleira).

Sondaxes

A segunda moción presentada polo BNG facía referencia aos sondaxes, permitidos ou non, que a empresa promotora está realizando na contorna sen que o concello coñeza se conta coas autorizacións pertinentes. Algúns dos veciños presentes puxeron en coñecemento do alcalde e da corporación que xa cursaron denuncias contra a empresa por realizar sondaxes en propiedades privadas sen autorización e preguntaron ao rexedor se outorgou permiso á concesionaria dos dereitos mineiros para sondar en pistas, camiños e cunetas (tal e como os veciños están denunciando), feitos que Ignacio Codesido asegurou descoñecer. A moción foi aprobada co voto favorable dos tres grupos da corporación e en ela ínstase ao concello a:

– Solicitar a suspensión cautelar das sondaxes mineiros que se están a realizar e demais labores, en tanto en canto non se realicen estudos hidrolóxicos e xeotécnicos que garantan que non se van ver afectados os acuíferos, pozos, canles, fontes e demais recursos hídricos que abastecen á poboación e ás explotacións agrícolas.

– Solicitar a suspensión inmediatas das labores mineiras mencionadas en tanto que a empresa non dispoña de autorización de Augas de Galicia para a realización de sondaxes mineiras, en tanto que esta actividade require de título específico habilitante ao efecto.

– Trasladar estes acordos á empresa responsable das sondaxes e a Augas de Galicia.

Rexeitamento da moción da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa

A última das mocións relacionada coa mina era a que a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa está levando aos concellos afectados pola posible apertura da actividade mineira e na que se solicita:

– Instar ás Consellerías do Mar e de Economía, Emprego e Industria que se desestime a autorización administrativa á actualización do proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de impacto ambiental da concesión de explotación San Rafael nº 1946, ditando así mesmo unha declaración ambiental desfavorable en virtude dos efectos negativos para o

medio ambiente e a incompatibilidade do proxecto coa debida protección das augas da cunca e da desembocadura do Ulla, dos espazos naturais deste sistema fluvial, coas captacións de auga potable de numerosos concellos, coa riqueza pesqueira e marisqueira da ría de Arousa e, en concreto coas áreas de produción de moluscos bivalvos ESO14PEAEGAL-19, ESO14PEAEGAL-18/12 e ESO1429.

– Instar á Xunta de Galicia para que se promova unha completa restauración da antiga explotación mineira de Touro, eliminando os focos de contaminación de metais pesados, para como mínimo asegurar que esta explotación non compromete a calidade ambiental do río Ulla e da Ría de Arousa.

– Remitir o texto do acordo acadado polo Pleno Municipal á Plataforma en defensa da Ría de Arousa.

Esta moción, similar á aprobada o pasado mes de novembro, foi defendida por Xan Louzao (BNG) que salientou a recente publicación de estudos científicos relacionados coa afección da mina ao Río Ulla e tamén as posicións dos grupos populares de concellos como Vedra ou Lalín que xa se opuxeron ao proxecto. O Partido Popular declinou explicar o seu posicionamento respecto da moción e pasou directo á votación, que só contou cos votos a favor do BNG e do PSOE. A contradición entre aprobar unha moción similar en novembro e denegar esta motivou de novo as queixas da veciñanza presente.

No turno de rogos e preguntas o portavoz nacionalista  preguntoulle ao alcalde pola reunión que se acordara solicitar á Consellería de Economía, Emprego e Industria. Esta solicitude fora un dos acordos aprobados no Pleno Extraordinario do nove de novembro. O rexedor asegurou ter falado directamente co Conselleiro mais recoñeceu non ter solicitada unha reunión entre corporación, consellería e veciños. Ignacio Codesido argumentou que “a Consellería xa recibiu a esa plataforma” ante o que a oposición pediu ao secretario que puntualizara o acordo tomado en novembro para que quedara clara a obrigatoriedade da solicitude.

Despois do pleno a Plataforma emitiu un comunicado no que denuncia a falta de transparencia e os atrancos do Goberno Local de Touro ante as peticións

de informacións como os permisos de voo ou a altura permitida para os mesmos. Datos que consideran moi importantes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial