A Plataforma N-550 do Milladoiro constitúese sen peticións concretas

0

Ames, 28 de febreiro do 2018 – A Plataforma veciñal N-550, impulsada desde o concello de Ames, constituíuse no Milladoiro na tarde de onte martes.

O esforzo do concello que pegou na maioría dos portais da estrada N-550 a convocatoria, ademais de difundila de distintos xeitos, non conseguiu reunir a máis xente que na reunión anterior e só asistiron pouco máis de 100 persoas.

O alcalde de Ames, José Miñones, abriu a reunión resumindo o acordado na reunión anterior e lendo o manifesto que se daría a firmar como documento de constitución da Plataforma N-550

O alcalde tamén anunciaba que o Ministerio de Fomento, como resposta ao escrito enviado desde o concello, convocaba unha reunión en Madrid para o próximo mércores. Na quenda de preguntas xurdían de novo diferentes opinións sobre que facer a partir da constitución da Plataforma. Mentres algúns opinaban que xa se podía convocar unha concentración outros crían que era mellor esperar a ver que dicía o Ministerio na reunión convocada. Unha parte dos asistentes sostiñan a idea de que se trataba de sacar a N-550 do Milladoiro pero outros consideraban que era Fomento o que tiña que dar solucións ao problema sen entrar si esa solución era quitar, ou non, o paso da estrada nacional.

Finalmente decidiuse comezar cunha recollida de firmas que serva para que se sumen máis veciños. O alcalde informou tamén que xa se pediron presupostos para os análises medioambientáis e acústicos no entorno da estrada e rematouse a reunión co acordo de enviar un correo a tódolos asinantes antes de decidir quen será os que constitúan mesa de traballo.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies