Accesos a Novo Milladoiro, dietas e compatibilidades centraron o pleno de Ames

0

Ames, 1 de agosto do 2019 – O pleno de Ames aprobou a mellora do acceso ao Polígono do Milladoiro desde Ventín, dietas por asistencia a órganos complementarios e distintas compatibilidades.

O Pleno de Ames, correspondente ao mes de xullo, comezou cunha minuto de silencio en repulsa do asasinato de María del Carmen Vázquez, de 47 anos, última vítima por un caso de violencia de xénero en Galicia.

Mellora de acceso a Novo Milladoiro

O primeiro dos puntos que debateu a Corporación municipal foi sobre a aprobación do proxecto técnico de mellora do viario de acceso ao polígono do Milladoiro dende a estrada Ventín-Coira. A obra conta cunha axuda da Xunta de Galicia de 68.593,43 euros. O importe total desta actuación ascende a 85.741,79 euros, polo que o importe subvencionado é do 80%, mentres que o 20% restante será sufragado polo Concello.

A actuación consiste na mellora do viario de acceso ao polígono industrial do Milladoiro dende a estrada de Ventín a Coira. Este viario ten unha lonxitude de 370 metros e unha anchura media de 5,5 metros. A súa capa de rodaxe atópase degradada debido ao intenso tráfico que circula en dirección ao parque empresarial desta localidade. Pola marxe dereita de dito viario executarase unha cuneta de seguridade, revestida de formigón de 365 metros de lonxitude e 1,5 metros de anchura con canalización de augas pluviais. Deste xeito aumentarase a seguridade viaria, tapando a cuneta que actualmente está en terra e que ten gran profundidade.

pleno de amesTamén se acondicionará, por esta mesma marxe, un sobreancho de xeito que se alcance unha anchura total de 6 metros (carrís de 3+3 metros) na capa de rodadura. O firme no sobreancho consistirá en 20 centímetros de zahorra e 15 centímetros de grava con rega semiprofunda. Na calzada actual procederase a reparar as fochancas existentes con grava e rega semiprofunda e corrixirase o peralte da curva do punto quilométrico 0+200 cunha cuña de aglomerado de 6 centímetros de espesor medio. Finalmente procederase a estender unha capa de aglomerado de 6 centímetros de espesor en toda a calzada. Para evitar a contaminación con terras da estrada procederase ao afirmado con grava e tripla rega dos tres entronques existentes ao comezo da actuación.

Este punto saíu adiante co voto a favor dos concelleiros/as do grupo de goberno, do grupo municipal popular e do concelleiro de Ciudadanos, José Ramón Oulego, mentres que o concelleiro de Ames Novo, Quique Costas, abstívose.

Indemnizacións por asistencias ás sesións de órganos complementarios

Outro dos puntos que se abordou foi a aprobación de indemnizacións por asistencias ás sesións de órganos complementarios para os/as concelleiros/as sen dedicación exclusiva ou con dedicación parcial. A proposta que se aprobou recolle o abono de 100 euros por cada sesión da Xunta de voceiros/as e 75 euros por cada sesión da Comisión especial de queixas, suxestións e reclamacións.

Esta punto motivou unha nota de prensa posterior do Partido Popular moi crítico con esta medida. Os populares dicían no comunicado que ” Este novo incremento do gasto dos  Órganos de Goberno vén sumarse ao aprobado no pasado Pleno Extraordinario de Organización, celebrado o pasado día 2 de xullo, no que se aprobou un incremento de case un 60% das retribucións da 11 dedicación do Goberno Tripartito, así como un incremento en máis dun 100%  das retribucións do persoal de confianza ao servizo do Tripartito. Un incremento que supuxo que, no que queda do ano 2019, fose necesario realizar, mediante decreto de Alcaldía  do 27 de xuño de 2019, unha transferencia de crédito (transferencia de crédito 7/2019. Expediente: 2019/ G003/001863) para facer fronte a devandito incremento de gasto. Unha transferencia de crédito no que os fondos saíron do aforro de gasto de persoal de administración xeral, como consecuencia de prazas de persoal non cubertas e, sobre todo (o 47,82% do total da transferencia) do aforro en gasto de persoal derivado da situación recente de baixas laborais dos membros da Policía Local”.

Finalmente foi aprobado co voto a favor dos concelleiros/as do grupo de goberno. Os concelleiros e concelleiras do grupo municipal popular votaron en contra mentres, o concelleiro de Ciudadanos, José Ramón Oulego, e o concelleiro de Ames Novo, Quique Costas, abstivéronse.

Compatibilidades

Por outra banda, aprobouse por unanimidade da Corporación municipal a autorización de compatibilidade para o exercicio de actividade privada de Pilar Martínez Jiménez, María del Carmen Giadáns Dopazo e Amaury Quintero Consuegra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial