O Pleno de Ordes nomea a Isabel Zendal filla predilecta

0

Ordes, 2 de decembro do 2016. Xustamente no día no que se cumpre o 213 aniversario da partida dende a Coruña da chamada expedición  Balmis para a distribución da vacina da varíola por distintos lugares do mundo, o Pleno de Ordes concedeulle de maneira unánime o título de filla predilecta a Isabel Zendal Gómez. Esta veciña da parroquia de Parada está considerada pola Organización Mundial da Saúde como a primeira enfermeira da historia en participar nunha expedición mundial. Foi precisamente un 30 de novembro cando a corveta María Pita partía da Coruña para levar a cabo tan importante misión, e que supuxo a salvación para un número incalculable de persoas de lugares como  América, Filipinas, Portugal ou Indonesia, entre outros.

O rexedor ordense, José Luis Martínez Sanjurjo, anuncio a intención de bautizar o futuro centro social polivalente co nome de Isabel Zendal. Pola súa banda, a voceira Susana García felicitou e agradeceu “ás persoas que levan traballando nesta iniciativa, especialmente Silvia Marín e Verónica Gómez. Ambas foron as instrutoras do expediente de nomeamento que se leva realizado dende que, por iniciativa de Xesús Pedreira, o PSOE presentara en xaneiro de 2015 a moción que solicitaba o outorgamento do título.

Na orde do día tamén se contemplaba a solicitude á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da escola unitaria de Merelle para usos e servizos de carácter local, proposta que foi apoiada por todos os grupos. O mesmo apoio se amosou na ordenación do núcleo situado na igrexa de Vilamaior, dando resposta así a un trámite necesario para continuar coa construción do cemiterio desta zona.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial