займ срочно

O pleno de organización marca o ton da lexislatura en Compostela

0

Compostela, 29 de xuño do 2019 – Con debate e diferenzas pero tamén con bastante acordo, o pleno de organización de Compostela marcou o ton da lexislatura que acaba de comezar.

Como explicaba o alcalde a posteriori “un acordo nun 90% dos asuntos non é malo”. O acordo foi unánime en todo excepto das dedicacións exclusivas. Mentres que o Psoe o consideraba equitativo Compostela Aberta mostraba o seu malestar e explicaba que non recollía o espazo que a formación representaba. Goretti Sanmartin, voceira do BNG, votaba a favor do acordo pero recrimináballe ao Psoe que non fixera un esforzo maior por chegar a acordos.

Na práctica o Psoe conseguiu o acordo do BNG e do PP para a súa proposta. Por outra banda Compostela Aberta pensa que iso demostra que o Psoe non recoñece a maioría progresista no pleno e que prefire un pacto co Partido Popular.

imaxe pleno organización compostelaPropostas aprobadas

  1. Proposta da alcaldía relativa á periodicidade das sesións. Que o Pleno da Corporación se reúna en sesión ordinaria todos os meses, agás agosto, o último xoves de cada mes, ás 17:00 horas en primeira convocatoria. No caso de ser festivo, celebrarase dous días antes ou dous días despois, á mesma hora, previa consulta á Xunta de Portavoces.
  2. Proposta da alcaldía relativa á creación e composición das Comisións Permanentes de informe, estudo e proposta de carácter permanente especial.
  3. Comisión de presidencia, réxime interior, modernización da administración, facenda e especial de contas.
  4. Comisión de urbanismo, infraestruturas, vivenda, medio ambiente, medio rural e servizos.
  5. Comisión da área social, cultura, participación, igualdade e transparencia.

Estas tres comisións estarán compostas por un máximo de tres concelleiras/os de cada un dos grupos municipais da corporación. O voto de cada concelleiro/a será ponderado segundo a representación proporcional que cada grupo ten no pleno municipal.

  1. Comisión especial de suxestións e reclamacións. Estará composta por dous ou dúas concelleiras/os de cada un dos grupos municipais da corporación. O voto de cada concelleira/o será ponderado segundo a representación proporcional que cada grupo ten no pleno municipal.
  2. Comisión Asesora do Patrimonio Histórico. Formarán parte dela dous/dúas concelleiros/as dos grupos municipais de PSdeG-PSOE e do PP e un/unha concelleiro/a dos grupos municipais de CA e do BNG.

A Comisión de Presidencia, Réxime Interior, Modernización da Administración, Facenda e especial de Contas entenderá de todos aqueles asuntos que non estean comprendidos expresamente no ámbito das outras comisións. Ademais, poderanse constituír comisións especiais para o estudo de diversas materias e baixo a presidencia do alcalde que estarán formadas, salvo disposición en contra, por un concelleiro de cada un dos grupos municipais da corporación. Tamén se constituirá a xunta de portavoces como comisión especial presidida polo alcalde e composta polos portavoces de cada un dos grupos municipais.

  1. Proposta da alcaldía relativa á fixación de número de representantes no Consorcio, Auditorio e Consellos Sectoriais de Actuación Municipal.
  2. a) Consorcio da cidade de Santiago: formarán parte do Consorcio da cidade o alcalde-presidente do Concello de Santiago de Compostela como presidente, e como vogais os portavoces do Grupo Municipal Popular e do Grupo Municipal de Compostela Aberta. A voceira do Grupo Municipal do BNG poderá asistir como convidada.
  3. b) No Auditorio de Galicia: formarán parte do Consello Reitor do Auditorio ademais do alcalde como Presidente, dous vogais en representación do Grupo Municipal Socialista, un en representación do Grupo Municipal Popular, un en representación do Grupo Municipal de Compostela Aberta e un en representación do Grupo Municipal do BNG.
  4. c) No caso do Consello da Capitalidade, Consellos Económicos e Social, consellos sectoriais e demais órganos a representación será a establecida nos respectivos regulamentos.
  5. e) Na Fundación Refuxio de Animais, un representante por cada grupo municipal.
  6. f) No Consello Asesor de Condecoracións, un representante por cada grupo municipal.
  7. Proposta da Alcaldía de representación dos grupos políticos municipais en distintas sociedades.
  8. a) No Consello de Administración de Mercagalicia, un representante do PSdeG-PSOE, un do PPdeG, un de Compostela Aberta.
  9. b) Na Empresa Municipal de Transporte Urbano (TUSSA) e na Empresa Municipal de Información e Comunicación Local (INCOLSA), formarán parte como vogais dos seus respectivos Consellos de Administración en representación do Excmo. Concello de Santiago de Compostela dous concelleiros designados a proposta do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, dous/dúas concelleiros/as a proposta do Grupo Municipal Popular, un/ha concelleiro/a a proposta de Compostela Aberta e un/ha concelleiro/a a proposta do Grupo Municipal do BNG.
  10. c) O Alcalde formará parte, en representación do Excmo. Concello, da Xunta Xeral de UNINOVA e do seu consello de administración. Desta sociedade formarán parte ademais do alcalde, un/ha concelleiro/a do PPdeG, un/ha de Compostela Aberta e un/ha do BNG.

d)Na Sociedade Mercantil Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos S.L. (XADE) o Pleno elixirá a un/ha concelleiro/a en representación de cada un dos catro grupos municipais.

A proposta número 5, relativa ao réxime de indemnizacións e dedicacións exclusivas dos membros da corporación, así como aos grupos municipais, foi aprobada cos votos a favor de PSOE, PP e BNG. Compostela Aberta votou en contra. Segundo a proposta, o grupo de goberno tería dez dedicacións exclusivas, o alcalde máis os nove concelleiros, o PP, dúas; Compostela Aberta, 1,64; e o BNG, 1.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies