Poesía a bocados en Compostela

0

Compostela, 22 de marzo do 2019 – O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Praza de Abastos de Santiago na apertura da iniciativa Poesía a bocados, que ten por obxectivo celebrar o Día Internacional da Poesía.

Poesía a bocados, que se realiza por primeira vez en Galicia, busca a posta en valor dos produtos alimentarios galegos a través do contraste con outro elemento cultural como é a poesía, que está na raíz da cultura galega.

O secretario xeral de Pol’tica LingŸ’stica, Valent’n Garc’a, participar‡ na apertura da iniciativa Poes’a a bocados

Trátase de maridar dun xeito festivo os praceres da boa mesa e dos produtos galegos de calidade co mellor da poesía en lingua galega, a través dos autores que cantaron aos alimentos e os praceres gastronómicos de Galicia. Un xeito de mercadotecnia emocional dirixido a xerar novos vínculos cos consumidores e consumidoras que se enmarca nas accións de desenvolvemento do Plan de dinamización da lingua galega no tecido socioeconómico 2016-2020 impulsado pola Xunta de Galicia.

A iniciativa reparte, de xoves a sábado, entre a clientela do mercado compostelán, diverso material gráfico coa imaxe da campaña, como bolsas de papel, adhesivos para os conxeladores, imáns e folletos con poemas de Rosalía, Bernardino Graña, Curros Enríquez, Manuel María ou Otero Pedrayo nos que a inspiración dos vates provén da exaltación de diversos produtos e pratos galegos: xamón, viño, caldo, filloas etc.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial