A poeta nicaragüense Magda Bello estará o día 17 en Silleda

0

Silleda, 9 de xullo do 2019 – Silleda acolle un recital de poesía o vindeiro día 17 coa participación da nacaragüense Magda Bello, premio Ruben Darío.

A presenza de Magda Bello e o primeiro froito das relacións iniciadas co país latinoamericano no transcurso da pasada Semana Verde. Na feira o concello mantivo un primeiro encontro co embaixador do país en España, Carlos Midence.

A cultura e a gastronomía protagonizarán este primeiro acto que estaba previsto para o pasado hoxe martes pero por motivos de axenda da escritora queda establecido finalmente para o vindeiro mércores 17 de xullo.

A cita será na Casa da Cultura de Silleda, coa participación da escritora Magda Bello (Masaya, Nicaragua, 1976), gañadora do Premio Internacional de Poesía Rubén Darío, pola obra “No hay pasada a Catarina. Poesía en tiempo real”.  Comezará ás 19:30 horas nos xardíns contiguos á biblioteca municipal, coas intervencións do embaixador Carlos Midence e o alcalde, Manuel Cuiña, ás que seguirá a lectura de poemas a cargo da escritora.

A obra coa que gañou o premio que leva o nome do recoñecido escritor nicaragüense, gran expoñente do modernismo na literatura en español, forma parte das antoloxías “Mil poetas y artistas por Palestina”, do escritor español Xavier Susperregui, e ”Antología del cisne” (2017), da Sociedad Nicaragüense de Jóvenes Escritores.

 O poema de Magda Bello co que gañou o recoñecemento internacional narra a situación de rebelión que viviu o país hai uns meses. A escritora está estes días en España presentando o poemario en cidades como Madrid, Málaga, Barcelona ou a localidade de Águilas, en Murcia.

Degustación de produtos

A xornada de convivencia rematará cunha degustación de produtos típicos de Nicaragua que ofrecerá a Embaixada. Dende o Concello de Silleda o alcalde, Manuel Cuiña, sinala “que para Silleda é toda unha honra que a embaixada apostara polo noso municipio para celebrar este acto, xunto con outras grandes cidades de España”. Así mesmo destaca que este acto supón o primeiro paso para avanzar nas relacións e colaboración co país, logo desta primeira recepción ao embaixador no Concello de Silleda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial