займ срочно

Polémica en Ames polo roupeiro municipal

0

Ames, 6 de marzo do 2018 – Un dos servizos que mellor funcionan en Ames e dos máis valorados, o roupeiro municipal, é o centro dunha polémica xurdida a raíz dunha denuncia do Partido Popular sobre o estado da roupa almacenada na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Imaxe do PP de Ames do punto de recollida de Bertamiráns

O roupeiro municipal de Ames ten dous puntos de recollida nas Casas de Cultura de Bertamiráns e Milladoiro. Desde eses puntos de recollida a roupa vai a un local de Aldea Nova no que os voluntarios o clasifican, ordenan e preparan descartando a que non sirva.

Na nota o Partido Popular fala do punto de recollida de Bertamiráns e di ” A roupa doada, lonxe de depositarse e empaquetarse convenientemente en envases adecuados, amontóase e permanece no punto de recollida durante meses. A humidade do espazo, o feito de que moita roupa non se saca das bolsas de plástico nas que son levadas polos doantes, e a falta de manipulación e empaquetado conveniente, e os longos períodos de tempo que permanece sen ser aireada a roupa, orixinan mal cheiro e descomposición dos tecidos, algúns en estado inicial de putrefacción polas condicións en que se atopan”, xunto a o comunicado os populares enviaban imaxes da situación en ese punto.

A concellería de voluntariado de Ames, da que é responsable Isabel Cancela, contestaba a nota dos Populares explicando o procedemento que se sigue e que en ningún caso consiste en clasificar a roupa nos puntos de recollida. Cancela engade na nota que na tarde de onte visitaron tamén o punto de recollida de Bertamiráns ” onde  se puido comprobar a existencia de roupa á espera de ser enviada ao roupeiro municipal, pero en ningún momento a existencia de cheiros, nin humidades”. Isabel Cancela falaba con Lindeiros aclarando o sucedido

Voluntarios clasificando a roupa no local de Aldea Nova

O roupeiro de Ames é un dos servizos mellor valorados polos veciños. O traballo dos voluntarios desde o 2002 permitiu vestir a moitas persoas en risco de exclusión e aforrar cartos a outras moitas sendo un exemplo de colaboración cidadá que nunca, ata o momento, fora cuestionado.

Roupa preparada para ser distribuida no local de Aldea Nova

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies