Polémica na Baña pola instalación dun parque eólico

0

A Baña, 14 de febreiro do 2019 – A presunta instalación dun parque eólico en Troitomil, A Baña, ven de provocar un cruce de acusacións entre o Psoe local e o goberno municipal do PP.

O alcalde, Andrés García Cardeso, acusou ao Psoe local de “política do barullo e da confusión” sobre o parque eólico de Troitomil por organizar reunións e recoller firmas cando “na Xunta de Galicia non se iniciou ningunha tramitación nin expediente ao respecto. Isto é facer política basura”,

Pola súa banda o Psoe asegura que o alcalde minte. José A. Pereira Gil, voceiro socialistas, nega que se estean recollendo firmas en contra do parque  e explica que “As tres xuntanzas informativas que organizou a Agrupación Socialista de A Baña foron solicitadas polos propios veciños e veciñas afectadas pola construción do parque eólico ante a nula información transmitida polo Concello”. Tamén aseguran que a instalación atópase na fase de “tramitación” como reflexa e se pode comprobar no “Rexistro eólico de Galicia” da Xunta de Galicia,  Consellería de Economía, Emprego e Industria. Finalmente indican tamén que a día de hoxe xa hai terreos cedidos co seu respectivo contrato co propietario dos terreos para a colocación de medidores.

Desde o concello o alcalde explican que xa se mantivo unha reunión co director xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ángel Bernardo Tahoces, “quen asegurou que na Xunta non se está a tramitar ningún expediente sobre un parque eólico na Baña”. O único que ocorreu ata o momento, asegura o alcalde, é que a empresa Green Capital Power SL “presentou no Rexistro Eólico de Galicia, da Xunta, un escrito solicitando autorización para construír un parque eólico en Troitomil. Nada máis. Non se iniciou ningún trámite administrativo. Nin sequera se contestou ao escrito”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial