займ срочно

Polémica no pleno de Ames por conta da sentencia da Manada

0

Ames, 2 de xuño do 2018 – O Pleno de Ames sacou este mes bastantes asuntos de calado, moitos de eles por unanimidade, pero non estivo exento de polémica pola oposición de Pacto X Ames a rexeitar a coñecida sentencia da  Manada pese a non compartila.

Na quenda de mocións os grupos Ames Novo, Psoe, BNG, Contigo Pódese e o concelleiro non adscrito Javier López presentaban un texto consensuado no que se rexeita a sentencia da Manada. Unha votacion na que o Partido Popular abstívose en na que Pacto x Ames votou en contra. A concelleira de PxA María Dolores Fernández Álvarez recrimináballes que presentaran este rexeitamento cando nin leran a sentencia, nin estiveran presentes no xuízo e tampouco viran os vídeos aportados como probas, dicía a concelleira que  “En Pacto x Ames no compartimos la sentencia pero si vamos a respaldar a los magistrados de la Audiencia de Navarra en el hecho de que han sabido sustraerse a la presión mediática – Entendemos que en un estado de derecho no es tolerable ni permisible que se ataque a un tribunal y aun peor, que se ataque a un magistrado que ha formulado un voto particular discrepante de la mayoría”. Finalmente a moción saíu aprobada cos votos dos partidos propoñentes aínda que a postura de Pacto x Ames foi moi criticada non so no salón de plenos se non tamén nas redes sociais.

As Vídeo Actas son unha realidade

O pleno comezou coas disculpas do alcalde, José Miñones, a Pacto x Ames por non levar a pleno unha moción por un mal entendido. A continuación aprobáronse por unanimidade as actas do anterior pleno, a modificación dun proxecto de pistas de tenis para a urbanización Aldea Nova e o Regulamento Orgánico Municipal co fin de dar carta de legalidade as Vídeo Actas, o seguinte paso será establecer un repositorio desde o que poder descargar ditas Vídeo Actas para poder consultalas.

Modificación da RPT

Non tivo o mesmo apoio a modificación da relación de postos de traballo na que se abstiveron Pacto x Ames e Partido Popular. os cambios propostos xa foran aprobados na mesa de negociación e recollen a creación dun posto de arquitecto/a técnico/a, en cumprimento de sentenza xudicial firme; creación dun posto de tractorista, por responder a unha necesidade estrutural do Concello; integrar o servizo de contratación no departamento de Secretaría xeral; a creación de dous postos de profesores/as da Escola Municipal de Música de Ames, derivada de fallos xudiciais recentes; e a creación do servizo da EMMA, que ata o de agora non se contemplaba

Prezos da piscina cuberta e xestión da Telleira

O pleno tamén tratou de xeito parello a revisión do prezo do contrato de concesión da xestión e mantemento do centro deportivo municipal A Telleira e maila modificación da ordenanza que regula o prezo público pola utilización do complexo da piscina cuberta municipal de Ames. Estes temas quedaron encima da mesa á espera de incluír novos informes económicos, como un estudo de viabilidade económica ou un estudo de explotación, solicitados por parte dos grupos popular e de Pacto por Ames. Dende Ames Novo tamén se solicitou que as políticas de prezos e taxas públicas teñen que estar marcadas polas consideracións establecidas na ordenanza da renda social de garantía mínima e das axudas para a recuperación en situacións de emerxencia social. Para modificar dita ordenanza ten que quedar claro que usuario/as están exentos de prezo público pola utilización da piscina cuberta.

Revisión do contrato de limpeza viaria

Outro dos puntos aprobados pola Corporación municipal foi a revisión ordinaria do contrato de limpeza viaria e xestión do Punto Limpo. Este punto saíu adiante cos votos a favor dos membros do goberno, dos edís de Ames Novo e do concelleiro non adscrito, Javier López. Os concelleiros/as de Pacto por Ames e do Partido Popular abstivéronse.

Trátase dunha actualización de prezos, de  agosto de 2017 a xullo de 2018, trala ampliación do contrato, que foi aprobada no Pleno do 26 de maio de 2016, e adxudicado á empresa Urbaser SA. A actualización terá efecto dende o 1 de agosto de 2017 ata a próxima revisión prevista para o 31 de xullo de 2018. O prezo revisado con IVE ascende a contía de 67.537,56 euros. O importe das diferencias a abonar ao concello correspondente ao período de agosto de 2017 ata a revisión efectiva ascenden a 215,53 euros/mes, máis IVE.

Dende o grupo municipal popular e Pacto por Ames solicitóuselle ao goberno que liciten este servizo o máis axiña posible, porque a ampliación do contrato por un período de 10 (prorrogable ano a ano) foi apoiado co compromiso de que se fixese unha licitación. Dende o goberno municipal dixeron que o obxectivo é licitar o antes posible, pero que están estudando a opción de licitar en conxunto o servizo de limpeza viaria e o de recollida de lixo. Para iso estase facendo un estudo. Unha vez se dispoña de dito estudo, tomarase unha decisión sobre este asunto.

  Pospostas presentadas polo grupo popular e Ames Novo

Aprobáronse tres propostas presentadas polos grupos municipais con representación na Corporación municipal. En primeiro lugar, o grupo municipal popular presentou unha proposta sobre a celebración do 40 aniversario da Constitución Española. Esta proposta saíu adiante co voto a favor de Partido Popular, Pacto por Ames e do concelleiro non adscrito, Javier López. Os dous membros do BNG e maila concelleira de Contigo Pódese, Genma Otero, votaron en contra. Os/as concelleiros/as do grupo municipal socialista, Ames Novo, os concelleiros/as de Contigo Pódese, Javier García e Silvia Dapena, abstivéronse.

Ademais, os grupos municipais Ames Novo, PSdeG de Ames, Contigo Pódese, BNG de Ames e o concelleiro non adscrito, Javier López, presentaron outra proposta para instar ao goberno galego a que impulse unha Mesa de diálogo para o transporte público. Esta proposta saíu adiante por unanimidade.

Mocións por vía de urxencia

Por último, presentáronse dúas mocións por vía de urxencia. Na primeira, presentada polo grupo municipal de Pacto por Ames, instouse ao Concello de Santiago a cumprir coa lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia no referente a xestión da biomasa no linde co Concello de Ames, concretamente na avenida do muíño Vello. Esta moción saíu adiante por unanimidade.

O BNG de Ames tamén presentou unha moción por vía de urxencia en apoio á convocatoria de Folga Xeral convocada pola CIG para o 19 de xuño. Esta moción foi rexeitada con votos en contra do concelleiros/as do grupo municipal socialista, Partido Popular, Pacto por Ames, o concelleiro non adscrito, Javier López, e os concelleiros/as de Contigo Pódese, Javier García e Silvia Dapena. Votaron a favor o concelleiro e maila concelleira do BNG de Ames, mentres que os edís de Ames Novo e a concelleira de Contigo Pódese, Genma Otero, abstivéronse.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies