займ срочно

Polémica en Ordes en torno a homenaxe ao Soldado Lois

0

Ordes, 4 de agosto do 2017 – O próximo mes de setembro celébrase o 80 aniversario do pasamento do Soldado Lois, fillo predilecto de Ordes, e as diferenzas en torno a esta homenaxe, que sempre existiron, duplícanse pola organización dunha xura de bandeira civil.

O Soldado Lois morreu en acto de servizo e foi posteriormente nomeado fillo predilecto do concello e da provincia e recibiu distintas condecoracións. Esta homenaxe sempre tivo críticos que consideran que a figura do Soldado Lois foi utilizada polo franquismo. Este ano súmase a esta conmemoración unha xura de bandeira para civís. Un acto similar celebrouse fai pouco na Coruña e están previsto outros en toda Galicia, a diferenza no caso de Ordes é que está apoiada desde o concello o que provocou un comunicado do BNG que opina que ” é un acto mais propio de tempos pasados, é lamentable que o concello colabore coa información e as inscricións”.

Tamén as redes sociais viven un intenso debate en torno a xura de bandeira e aínda que hai opinións para tódolos gustos unha maioría considera que o concello non debería participar activamente e que se trata dunha cerimonia anacrónica.

Os actos terán lugar o 10 de setembro polo que a polémica ten tempo aínda de ir a máis ou de desaparecer por completo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies