A Policía Local de Ames culpa ao equipo de goberno do conflito e da falta de efectivos

0

Ames, 23 de agosto do 2018 – O conflito aberto entre a Policía Local de Ames e o equipo de goberno, lonxe de amainar, vai a máis cunha nota emitida polos sindicatos CSIF e CCOO.

No comunicado de prensa os sindicatos lembran que xa votaron en contra da Relación de Postos de Traballo xa que asignaba a Policía Local o grupo que marcaba a lei pero as cantidades económicas dos complementos eran inferiores as que lles correspondía. Esta negativa a equiparar o soldo co que marca a RPT é para os sindicatos “incoherente y desconsiderado” xa que “en febrero de este años el alcalde y el concejal de tráfico publicaron en las redes sociales fotos suyas apoyando la equiparación de las FCS del Estado con los Mossos d’escuadra”.

Lindeiros.gal falou co representante de Comisións Obreiras na policía, Pablo Moure, que nos explicaba que o problema xurde en esta lexislatura coa modificación da RPT, na que se recollen unhas cantidades que eles non están cobrando

O representante sindical explica que no 2010 aprobouse nun pleno municipal a equiparación en categoría pero non en soldo polo que agora, coa modificación da RPT, e cando xurde a oportunidade de reclamar

Os sindicatos lembran tamén no comunicado que no mes de febreiro a oposición aprobou en pleno unha moción que obriga ao equipo de goberno á equiparación salarial dos policías, acordo que tamén se está a incumprir. Os sindicatos nos descartan ningunha medida aínda que polo momento seguirán negándose a facer horas extras de forma voluntaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial