займ срочно

A policía local de Teo denuncia a varias persoas por unha festa ilegal

0

Teo, 2 de febreiro do 2021 – O pasado domingo a Policía Local de Teo denunciou a varias persoas que participaban nunha festa ilegal.

Dentro do traballo de control de cumprimento da restricións sanitarias a Policía Local de Teo descubriu a varias persoas que se saltaran o confinamento e que se reuniran sen ser conviventes.

Festa en Oza

O pasado domingo pola tarde a Policía Local recibiu o aviso dunha reunión ilegal na parroquia de Oza. Os axentes descobren ao chegar ao lugar indicado varios vehículos ao carón dunha vivenda polo que procederon a comprobar que non eran veciños de Teo.

Foron identificados e denunciados ata dez adultos acompañados de menores. Todos recoñeceron ante a Policía que se xuntaran para celebrar un cumpreanos e que non eran de Teo.

Dende a policía local destácase o bo nivel xeral de cumprimento da veciñanza pero alertan de que este tipo de comportamentos non se poden tolerar e que se manterán vixiantes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies