займ срочно

A Policía Nacional detén en Compostela a un home por estafa

0

Compostela, 5 de xaneiro do 2018 – Axentes da Policía Nacional detiveron en Compostela a un home de 41 anos como presunto autor de varios delitos de estafa.

O pasado mes de outubro, axentes da Policía Nacional da Comisaría de Santiago de Compostela reciben a denuncia dun veciño de Castro Urdiales (Cantabria) ao que lle estafaran preto de 1000 euros na compra, a través de Internet, dunhas lamias de aliaxe para un vehículo que, a pesar de pagalas nunca as recibiu. O autor da estafa puidese ser un veciño de Santiago, polo que os axentes inician as investigacións para tratar de esclarecer os feitos denunciados.

Os investigadores, despois de rastrexar as diferentes páxinas web de compra e venda, localizaron máis de 50 anuncios xestionados por este home, así como tamén identificaron a catro vítimas máis deste individuo, en Murcia, Alacante, Tarragona e Madrid. En todos os casos, as vítimas pagaran diversas cantidades de diñeiro por pezas de vehículos e nunca as recibían, logrando estafar preto de 5500 en total.

Polos feitos descritos tramitáronse as oportunas dilixencias policiais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies