A Policía Nacional detén en Santiago a unha parella por venda de heroína

0

Compostela, 5 de decembro do 2017 – A Policía Nacional detivo, en Santiago, a unha parella por presunta venda de heroína,  desmantelando así un punto negro de tráfico de drogas. 

Esta parella, detida o pasado 28 de novembro, xa fora detida en marzo. Por aquelas datas levouse a cabo en Compostela a chamada  “Operación Copas rotas” que culminaba co arresto de 8 persoas. A investigación iniciouse grazas á colaboración veciñal, que alertou sobre o aumento na afluencia de persoas con aparencia de toxicómanos na zona de Belvís. Entre esas seis persoas, atopábase a parella de 44 e 56 anos detida de novo agora.

A parella reactivara o punto de venda nas inmediacións do parque da Trisca e moi próximo a un centro educativo. Nesta ocasión, foi novamente a colaboración cidadá, a que puxo en marcha novamente aos investigadores, que nesta ocasión culminaron o seu labor con de a detención destas dúas persoas, e ademais interviñéronse preto de 250 dose de heroína, máis de 400 euros, varios teléfonos móbiles, unha báscula de precisión, pastillas de metadona e trankimazín, así como numerosos recortes plásticos con forma circular.

Polos feitos descritos tramitáronse as oportunas dilixencias policiais. Os detidos, que xa contaban con antecedentes por feitos similares, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución en funcións de Garda.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies