As pombas do carboeiro, narracións coa técnica xaponesa do kamishibai en Ordes

0

Ordes, 11 de febreiro do 2017 – A música será a gran protagonista durante a xornada de mañá en Ordes. Ás 18 horas no auditorio da Casa da Cultura terá lugar o espectáculo As pombas do carboeiro, dirixido para un público a partir dos 12 anos.

Por primeira vez en Ordes o teatro e a música danse a man para ofrecer unha escenificación baseada na narración oral. Historias, contos, lendas, romances e cantos postos sobre o escenario a través da música en directo da Banda de Ordes e da técnica xaponesa do kamishibai.

A cita, de balde para as persoas que queiran acudir, está organizada pola Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes. Nesta ocasión contan coas colaboracións do Concello de Ordes, da Deputación da Coruña, ademais da firma Urdime propostas culturais.

O dito espectáculo As pombas do carboeiro xa fora programado para o pasado 7 de xaneiro, pero por problemas de saúde dun dos integrantes do equipo actoral tivo que ser aprazado ata esta fin de semana.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial