Pompas, chocolate e rosca na Festa de Reis de Ames

0

Ames, 3 de xaneiro do 2019 – Este sábado os cativos de Ames celebrarán a chegada dos Reis Magos cunha festa especial, que terá lugar nos pavillóns municipais do Milladoiro e de Bertamiráns.

Os Reis Magos pasarán antes polas Oficinas municipais do Milladoiro e pola Casa do Concello de Bertamiráns, co obxectivo de deixar a súa firma no libro municipal de sinaturas. Desde alí, partirán en cabalgata ata os pavillóns, onde se celebrará unha función de pompas de xabón e dous espectáculos de maxia. No recibimento aos Reis nos pavillóns tamén haberá chocolate con rosca.

Imaxe de arquivo dunha cabalgata en Ames

A recepción aos Magos de Oriente nas Oficinas xerais do Milladoiro será ás 17:00 horas. Á Casa do Concello, en Bertamiráns, chegarán unha hora despois, ás 18:00 horas, onde asinarán no libro de sinaturas.

De seguido, percorrerán as rúas do Milladoiro (Agro do Medio, rúa dos Cereixos e Travesía do Porto) e de Bertamiráns (praza do Concello, avenida da Maía e avenida da Peregrina). Posteriormente, farase unha recepción real nos pavillóns polideportivos do Milladoiro, ás 17:30 horas, e de Bertamiráns, ás 18:30 horas, cunha gran festa de luz e de son, onde se celebrarán dous espectáculos de maxia da man da maga Amelie e Mirror Led, e unha función con pompas de xabón de Willy Pomper.

No recibimento aos Reis nos pavillóns tamén haberá chocolate con rosca. Os pavillóns municipais estarán abertos media hora antes da chegada das súas maxestades os Reis Magos. Ademais, os rapaces e rapazas de Ames poderán fotografarse con Melchor, Gaspar e Baltasar. Serán máis de 90 minutos de entretemento a cuberto e no que tamén se entregarán os premios do concurso de cartas de Nadal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial