Pon un wiki na túa vida

0
Iñaki Quenerapú Evanxelizador tecnolóxico. Profesor de informática e consultor en temas de dixitalización e alfabetización dixital. Tamén deseñador gráfico, técnico de márketing para novos medios e programador web. Cando sexa maior quere ser monologuista. http://quenerapu.com

Iñaki Quenerapú
Evanxelizador tecnolóxico. Profesor de informática e consultor en temas de dixitalización e alfabetización dixital. Tamén deseñador gráfico, técnico de márketing para novos medios e programador web. Cando sexa maior quere ser monologuista.
http://quenerapu.com

Non podo crer que en todo o tempo que levo colaborado con Lindeiros aínda falara dos wikis. Son a miña ferramenta favorita para almacenar coñecemento. Vou ver se vos convenzo sobre as súas vantaxes:

O wiki é unha ferramenta web que inventou un tal Ward Cunningham en 1995. O wiki é, literalmente, a forma máis rápida de crear un sitio web. O nome wiki ben dunha palabra hawaiana que significa precisamente «rápido». Os autobuses que che levan directamente desde o aeroporto de Honolulu ate o centro urbán chámanse «Wiki Wiki Shuttles». 🙂

Cando escribes nun wiki calquera palabra que escribas podes convertila nunha ligazón. Calquera. Se eu escribo nun wiki, por exemplo «revista [[Lindeiros]]» (así, coa palabra Lindeiros rodeada por dobles corchetes) estou dicíndolle ao wiki que quero que a palabra Lindeiros sexa clicable. Calquera palabra que escribas rodeada con dobles corchetes será clicable: será unha ligazón. Calquera palabra en calquera parte do texto. E con qué enlaza esa ligazón? Pois enlaza cunha páxina que se chama como esa palabra dentro do wiki. Se eu fago clicable a palabra [[Lindeiros]], ao clicar nela levarame a unha páxina dentro dese sitio web que se chama lindeiros. E aquí poden pasar dúas cousas: se xa existe dentro do wiki unha páxina que se chama Lindeiros, verei esa páxina. Se non existe tal páxina verei un convite para creala.

A idea é revolucionaria. En lugar de crear as páxinas e logo escribir ligazóns a elas, creamos primeiro as ligazóns e ofertamos ao usuario a posibilidade de crear esa páxina se non existe ou de acceder a ela se xa existe. E mesmo se tes permisos para elo, non só poderás leela, senón editala.

IMAGEN InhAKI NOVIEMBRE 2015

Wikipedia (o wiki máis famoso de todo Internet) funciona precisamente así: calquera persoa do mundo pode editar calquera das páxinas de Wikipedia e calquera persoa do mundo pode crear páxinas novas. Por suposto, esto sería un caos se Wikipedia non incluira un sistema de arbitraxe que permite que supervisores eliminen os textos que non son pertinentes. Falo de arbitraxe, non de censura; ainda que todo é discutible, por suposto.

Eu uso os wikis a diario para almacenar todo o que aprendo. Sérvenme para me manter máis ou menos organizado dentro do caos que son. A miña ferramenta de wikis favorita é Dokuwiki pero hai moitas outras. Podes comparalas no sitio web wikimatrix.org e probar a que máis che goste.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies