Ponte Carreira podería ter un centro sociocomunitario

0

Frades, 9 de maio do 2019 –  O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, mantivo unha reunión de traballo coa conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, na que se acordou estudar a petición do concello de construír un centro sociocomunitario en Ponte Carreira.

Roberto Rey sinalou que o obxectivo “é que os nosos veciños e veciñas dispoñan dun punto de encontro en Ponte Carreira onde poder facer todo tipo de actividades, dende pilates e ximnasia, ata dispoñer dun centro para os nosos maiores con acceso a servizos como os que actualmente prestamos a domicilio a persoas dependentes: fisioterapia, podoloxía e perruquería”.

Por outra banda, a Consellería de Política Social estará á disposición do concello de Frades para informarlle sobre os requisitos e procedementos para a creación dunha Casa do Maior no municipio. “Difundiremos esta iniciativa entre a veciñanza para ver se algún emprendedor se anima a poñela en marcha, como xa aconteceu con éxito coas dúas Casas Niño que temos en marcha. Sería un servizo que atendería a seis dependentes, o que permitiría cubrir as necesidades actuais de Frades”, explica a concelleira de Servizos Sociais, Ánxeles Álvarez.

Roberto Rey tamén agradeceu a colaboración da Consellería de Política Social na prestación do Servizo de Axuda no Fogar, que en Frades se fai a través da Mancomunidade de Ordes e que este ano suporá 15.240 horas de atención, “o que permite cubrir as necesidades das persoas dependentes en Frades”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial