Remata a Ponte de Santa Lucía construída en Vedra pola Deputación

0

Vedra, 6 de outubro do 2017 – Un ano despois da reunión mantida co alcalde de Vedra e os veciños de San Xián de Sales para abordar a reactivación das obras de ampliación da DP-8203 na Ponte de Santa Lucía,o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, volveu ao municipio para supervisar o resultado da reforma do viaduto.

Valentín Gonzalez foi recibido por Carlos Martínez as portas do concello de Vedra, antes de visitar a Ponte de Santa Lucía

O 11 de outubro do pasado ano o presidente da Deputación, Valentín González, acompañado do alcalde, Carlos Martínez, mantivo unha reunión cos veciños da parroquia na que se comprometeu a axilizar o máximo posible unhas obras que naquel momento levaban meses paralizadas. As obras afectaban estrada que une Vedra con Compostela, unha das principais comunicacións coa capital, e na que estaba situada a Ponte de Santa Lucía  

Case un ano despois, o presidente provincial volveu a Vedra para supervisar  o resultado dos traballos, que supuxeron un importante investimento de 850.000 euros e consistiron na construción dunha nova ponte de máis de 50 metros de lonxitude e 12 metros de ancho, que ofrece dous carrís de circulación de 3,5 metros, beirarrúas de 2 metros e arcéns. 

O presidente provincial salientaba o clima de colaboración que se formou co concello

Pola súa Banda o alcalde agradecía so traballos realizados e o apoio da Deputación nunha obra fundamental para a comunicación do concello

Pavimentación do tramo

Ademais das obras de construción da nova ponte e a ampliación da plataforma, a Deputación da Coruña investirá agora outros 361.000 euros na DP-8203 para instalar unha nova capa de pavimentación entre os puntos quilométricos 8+130 e 10+370,  que conectan a estrada nacional coa nova ponte.

 Así o anunciou esta mañá Valentín González Formoso, que tamén visitou este tramo da estrada acompañado do rexedor de Vedra, Carlos Martínez. O presidente provincial adiantou que o proxecto tamén incluirá a realización de sendas peonís nun tramo de 400 metros nos que se atopa un núcleo de vivendas próximo á vía.

Con este novo investimento, que será aprobado no pleno provincial do presente mes de outubro, o servizo de Vías e Obras da Deputación completará unha inxección económica de máis de 1,2 millóns de euros para a mellora destes dous quilómetros de estrada.

Tamén no municipio de Vedra, a Deputación vén de aprobar, no pleno celebrado o pasado mes de setembro, outra obra para ampliar a ponte sobre as vías do ferrocarril Ourense-Santiago, no punto quilométrico 1+000 da estrada DP8901. Este proxecto conta cun orzamento de 102.162 euros e consistirá na remodelación do taboleiro actual para duplicar o seu ancho, pasando de 6 a doce metros.

2,5 millóns de euros de investimento en plans

Ademais do importante investimento na rede de estradas provinciais, o goberno provincial leva investido, nestes dous anos, a través dos distintos plans, un total de 2,5 millóns de euros no concello de Vedra. Unha importante achega económica que se destinou principalmente a mellorar as infraestruturas locais, a través de proxectos coma a construción dun aparcadoiro disuasorio en Ponte Ulla, a mellora da fachada do centro sociocultural,  o acondicionamento de camiños en San Xián San Mamede,Trobe e Vedra ou a ampliación da rede de sumidoiros en Laraña e Galegos, San Xián e San Fins de Sales.

Así mesmo, o Plan Único deixará este ano un investimento 736.277 euros no concello que servirán ao concello para custear servizos públicos esenciais, coma limpeza viaria ou o alumeado público,  e tamén para mellorar diversas  infraestruturas en San Xián, San Fins, Ponte Ulla e outras zonas do concello.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies