Reclaman a inclusión da ponte medieval de Pontevea e da Torre de Guimarei na web de turismo de A estrada

0

A Estrada, 28 de maio do 2018 – O Bloque Nacionalista Galego denuncia que a web municipal de turismo de A Estrada non recolle nin a ponte medieval de Pontevea, declarada BIC en novembro, nin a Torre de Guimarei.

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, afirmou que a web “ten tan pouca información, xa non digamos o folleto de oito páxinas, que prescinde da ponte medieval de Pontevea e da Torre de Guimarei, que son tan característicos do noso concello que até figuran no noso escudo.Temos dous elementos patrimoniais declarados BIC e o concello nin o menciona na web nin no folleto de información turística” engadiu Magariños.

O concelleiro nacionalista criticou a política turística da A Estrada dicindo que “non lle sorprende este desleixo por parte do goberno municipal do PP; xa temos denunciado en máis dunha ocasión que o concello da Estrada carece dunha política turística que mereza chamarse de tal xeito, e isto é unha proba máis”.

Xosé Magariños denuncia que “ao alcalde a ponte medieval de Pontevea só lle interesa para ir sacarse a foto cando a a declararon BIC, a pesar de ser un dos principais monumentos da Estrada que ademais pode visitarse gratuitamente, e que hoxe pódese gozar da contorna grazas ao traballo incansábel da Asociación Entre As Pontes”. O concelleiro do BNG insta ao goberno municipal “a tomarse en serio a política turística, isto non é un entretemento, hai moitos negocios na Estrada que viven disto e hai moitos postos de traballo en xogo”. Xosé Magariños recomendoulle ao alcalde que deixe a un lado “o seu sectarismo e tome como referencia a guía turística editada polo BNG durante o bipartito, grazas ao traballo da nosa compañeira Raquel López Doce; neste documento ten información abondosa sobre os principais puntos de interese turístico do concello”. “A guía pode descargarse desde a nosa web e pode copiala ou reeditala tal e como está”, afirmou Magariños, “non nos vai parecer mal, estamos moi orgullosos do traballo realizado e é unha mágoa que o concello liquide o turismo da Estrada en oito páxinas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies