Aberta a  nova Ponte do Melante na parroquia de Vilamaior en Ordes

0

Ordes, 25 de febreiro do 2017 –  O Concello de Ordes vén de anunciar a apertura da ponte do Melante, situada sobre o Rego Buxán, na parroquia de Vilamaior.

Tras as obras de arranxo e mellora iniciadas no pasado mes de novembro o tramo volveuse restablecer para o tránsito de vehículos.

En total hai que falar dun investimento de 80.561 € cos que se construíu unha nova ponte con formigón armado mediante cimbra cun ancho de 8 metros. O proxecto incluíu o movemento de terras para a debida execución do cimentado do pórtico cunhas novas dimensións de 5×2,7 metros. Tamén se colocou un muro de acompañamento realizado en pedra de granito, ademais de varandas e barreiras de seguridade. O reafirmado do camiño do contorno realizouse con grava, grixo e aglomerado quente, e levaranse a cabo tarefas de reforestación con especies autóctonas.

Con estes traballos en Vilamaior queda corrixido o deficiente estado que presentaba a drenaxe transversal e evítanse os continuos asolagamentos sobre a estrada municipal, traducíndose nunha mellora na comunicación con outras áreas, así como na seguridade.

A apertura desta vía realízase tras a aplicación dun tratamento superficial de triplo rego asfáltico, estando pendente a extensión dunha nova capa de rodaxe. Hai que sinalar a importancia de manter durante as vindeiras semanas a precaución ante as sinalizacións de grava solta, chanzo lateral e limitación de velocidade a 40 km.

Oproxecto de Vilamaior está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEDER), a través da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial