займ срочно

Mañá xoves xornada de portas abertas no mosteiro de Carboeiro

0

Silleda, 9 de agosto do 2017 – O mosteiro de Carboeiro volve a contar con entrada gratuíta este xoves día 10, coincidindo coa festividade de San Lourenzo, a quen está dedicado este edificio.

A ordenanza que regula as taxas de acceso ao edificio patrimonial recolle que non se cobrará entrada nesta xornadas así coma o 25 de xullo, Día de Galicia, e o 18 de maio, Día Internacional dos Museos.  Espérase unha elevada afluencia de visitantes ao longo de toda a xornada tal e como aconteceu o 25 de xullo, seguindo coa tendencia alcista dos últimos meses, que confirma ao mosteiro silledense coma un dos monumentos máis visitados da comarca.

O horario de visita ao mosteiro de Carboeiro durante este mes de agosto é de martes a venres de 11:00 a 14.30 e de 16.30h a 20.30h . Os sábados e domingos pode accederse ao mosteiro de xeito ininterrompido de 11:00 a 20:30 horas.

Concerto o sábado

Ademais da xornada de portas abertas de mañá, O sábado día 12 celebrarase na igrexa do mosteiro un concerto de música clásica cos alumnos e mestres do prestixioso curso “Tamara Brooks” de Tui, coa orquestra e coro deste ciclo. A cita será ás 20:30 horas, con entrada de balde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies