Ames, 26 de setembro do 2017 – O vindeiro xoves, 28 de setembro, o Concello de Ames celebra a Semana Europea do Deporte cunha xornada de portas abertas nas instalacións públicas da Telleira, en Bertamiráns.
Ao longo do día poderanse practicar nas instalacións da Telleira diferentes deportes. Pola mañá, ás 9:15 haberá ioga; seguida de global work ás 10:00h e de ciclismo indoor ás 10:45h. Ás 11:30 haberá unha sesión de body combat.
Pola tarde, a primeira actividade en ter lugar será Especial HIIT Out, ás 19:00h. Posteriormente, haberá un Especial Ciclo Indoor e unha presentación de body combat 73, ambas ás 20:15. Todas as actividades serán totalmente gratuítas. Nesta xornada de portas abertas, tamén se poderán utilizar o resto das instalacións, incluíndo a piscina.
A Semana Europea da Mobilidade
A Semana Europea da Mobilidade é unha campaña de concienciación dirixida a sensibilizar á cidadanía sobre a importancia do uso do transporte público e da bicicleta, así como dos desprazamentos a pé. Con esta iniciativa, procúrase que as cidades europeas promovan estes modos de transporte, investindo en novas infraestruturas que o fagan posible.
Alén da xornada de portas abertas, o pasado domingo o Concello de Ames, en colaboración co Concello de Santiago, organizou unha pedalada intermunicipal que uniu as dúas localidades e que contou coa participación dunhas 200 persoas.