O portugués Rui Taipa na Gentalha do Pichel

0

Compostela, 10 de xaneiro do 2018 – O sábado 13 de xaneiro a Gentalha do Pichel acolle o concerto do músico portugués Rui Taipa a partir das dez da noite.

Rui Taipa e natural da freguesía de Freamunde, no norte de Portugal. Con 7 anos recibiu a súa primeira harmónica e desde entón non deixou a música. Con quince anos introduciuse tamén no mundo das letras e a poesía. É vocalista da Oporto Big Band e da Big Band Pedaços de Nós onde cultiva a súa faceta máis jazzística.

Rui taipa presentará na Gentalha do Pichel o seu novo longa duración Berro no que se pode atopar folk, indie funk ou rock.

O prezo da entrada e de 3 euros para socios da Gentalha e 4 para os non socios.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies