Reclaman ao goberno de Ames que defina dunha vez o modelo de recollida de lixo

0

Ames, 31 de agosto do 2018 – O Partido Popular de Ames ven de emitir un comunicado no que reclama ao equipo de goberno que defina o modelo de recollida de lixo polo que opta, servia o Sogama.

O PP amiense lembra o conflito que a finais do 2015 enfrontou ao concello coa Mancomunidade Serra do Barbanza, actual contratada para a recollida do lixo.  O convenio que unía a Ames coa Mancomunidade durante 10 anos expiraba en ese momento e sobre a mesa estaba tanto a posibilidade de prorrogalo por outros nove anos, como a de integrarse na entidade como membro de pleno dereito. As relacións nos eran as mellores xa que o concello arrastraba unha débeda pola que a Mancomunidade chegou a pedir a Xunta que lle retirara fondos ao concello ata saldala.

En decembro do 2015 o goberno amiense pediu unha prorroga de seis meses para tomar unha decisión sobre a incorporación ou non a Mancomunidade, dado os custos que isto podería supor. O Partido Popular denuncia agora que esa prorroga, concedida en abril do 2016, rematou e desde entón non se sabe nada máis. En febreiro de este ano o tripartito encargou un novo estudo sobre os custos da recollida de lixo co sistema actual.

O Grupo Municipal Popular de Ames considera que “non é crible que o Tripartito leve case todo o mandato esfollando a margarida e que aínda non teña clara cal das dúas opcións é a máis beneficiosa para Ames. Cos datos proporcionados e a información e conclusións dos estudos e informes existentes debe haber elementos de xuízos suficientes para decidir cal das dúas opcións é a máis apropiada, con independencia de que dentro do propio Goberno local haxa posturas enfrontadas respecto ao modelo de xestión do lixo, de aí esa actitude, sendo ese o verdadeiro motivo da indecisión actual que están pagando todas as persoas de Ames tanto no ámbito económico como no deficiente servizo prestado pola mancomunidade”.

O Grupo Popular  solicitou información para coñecer o contido da proposta definitiva presentada pola Mancomunidade, o custo das diversas opcións , o estudo económico encargado en febreiro e o informe xurídico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial