Agustín Hernández cualifica as contas para 2018 de “ficticias” e de “papel mollado”

0

Compostela, 17 de xaneiro do 2018 – No transcurso dun almorzo cos medios de comunicación o portavoz do Partido Popular de Compostela, Agustín Hernández, calificou de ficticios o proxecto de orzamentos para o 2018.

O encontro cos medios tivo lugar no Cgac e serviu para facer unha primeira valoración das contas que irán ao pleno de esta tarde para a súa aprobación. Hernández dixo que “Son papel mollado. Recollen actuacións que con toda seguridade non se executarán”, en referencia ao baixo grado de execución en exercicios anteriores

Ironizou, tamén, con cales son as verdadeiras prioridades de Compostela Aberta que para o portavoz popular e conseguir máis gasto discrecional. “Duplica a partida para propaganda e publicidade e incrementa, tamén, a partida en subvencións nominativas”. Neste senso, denunciou que, durante o pasado ano, Compostela Aberta acadou un récord coa adxudicación de 331

contratos a dedo. Unha cantidade que, segundo Agustín Hernández, Compostela Aberta superará neste 2018 para “seguir actuando co mesmo sectarismo”.

En definitiva, para os populares son uns “orzamentos insatisfactorios” que suporán a perda de oportunidade, por terceiro ano, para a cidade.

Compostela Aberta, instalada no “conformismo”

Por outra banda, o portavoz popular, que fixo un pequeno balance do mandato, lamentou  “o conformismo” do Goberno de Compostela Aberta, reflectido, nestes máis de dous anos e medio, “no desastre da xestión municipal”. Neste senso, incidiu nos atrasos continuos na tramitación dos asuntos, así como na incapacidade para a resolución das fochancas.

Tamén subliñou o “afán recadatorio” ao intento frustrado da subida do IBI e “asalto ao peto dos veciños” co cobro do arranxo dos vados aos propietarios dos edificios. Durante o

2017, tamén se viu a verdadeira cara do alcalde, ao posicionarse do lado dos

infractores: “Amosou o seu apoio a quen incumpriu a lei e asaltou a propiedade privada”, en referencia á ocupación dun inmoble no Casco Histórico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies