займ срочно

O PP de Ames desvela que o Banco Santander desistiu de xestionar os recibos da auga

0

Ames, 30 de xuño do 2017 – O PP de Ames pide saber as razóns aducidas polo Banco Santander para desistir da xestión dos recibos da auga despois de conseguir en concurso a adxudicación.

Despois de que o primeiro intento de licitación do servizo de xestión de recibos da auga en Ames quedara deserta no pasado mes de decembro era adxudicado ao Banco Santander. A adxudicación foi realizada por un procedemento negociado sen publicidade no que se convidou a participar a tódalas entidades con oficinas no municipio.

O proceso está vinculado aos novos pregos nos que a concesionaria, Espina y Delfín, emite os recibos e os ingresos chegan a unha única conta no banco elixido o que permitiría ter un control claro de como funciona o servizo de cara a unha futura municipalización.

O PP de Ames explica que unha vez firmado o contrato en xaneiro de este ano “o Tripartito puxo en coñecemento dos grupos da oposición a entidade financeira á que se adxudicou o servizo, decisión que foi ben recibida pola totalidade dos membros da corporación, a pesar que se puxo de manifesto a necesidade de que o Banco Santander abrise unha sucursal no núcleo urbano  de Bertamiráns, dada a relevancia do servizo en cuestión”. Pero según o PP o que non lles transmitiu o equipo de goberno e que un mes despois desistiu da adxudicación “apenas un mes máis tarde  da firma do contrato, o Banco Santander desistiu da execución do mesmo, mediante escrito de de data 22 de febreiro de 2017, alegando a imposibilidade de prestar o servizo tal e como está descrito nos Pregos de contratación. O 16 de marzo  de 2017 resólvese o contrato alegándose un incumprimento  substancial do contrato; incumprimento substancial dun contrato  que aínda non comezou, dado que o inicio da prestación do contrato do ciclo da auga atopábase suspendido a consecuencia dos recursos presentados”.

O PP de Ames reclama coñecer os motivos aducidos pola empresa “ante unha primeira licitación que quedou deserta, e esta segunda da que o adxudicatario desistiu, o Tripartito considera máis que xustificado a aprobación dun engadido ao convenio de prestación de servizos en materia de Tesourería e iniciou contactos coas entidades financeiras, resultando interesado o Banco Sabadell, quen realizou observacións que se incorporaron ao convenio de colaboración definitivo asinado este 22 de xuño de 2017. Garantida a prestación dun servizo esencial por parte da nova entidade financeiras, o Grupo Municipal Popular solicitou ao goberno local información sobre causar ou causas concretas  e específicas alegadas pola entidade financeira Banco Santander para desistir do contrato e que observacións se incorporaron ao contrato para que fora aceptado polo Sabadell”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies