O PP de Val do Dubra seguirá adiante para retirarlle o soldo ao alcalde

0

Val do Dubra, 21 de setembro do 2017 – O portavoz do PP de Val do Dubra, Ramón Varela, insiste en quitarlle o soldo ao alcalde, Antonio Negreira de Anova, mentres non se axilicen os pagos a provedores e considera que pode compaxinar o traballo de profesor co de rexedor.

Ramón Varela, portavoz do PP de Val do Dubra, presentou onte en rolda de prensa un informe da intervención no que se ratifica que a situación administrativa no concello leva moito retraso. Esta situación era explicada polo alcalde Antonio Negreira nunha comparecencia a principio de mes

Para o portavoz do PP de Val do Dubra, Ramón Varela, as baixas non xustifican a situación

Preguntado pola situación na que quedou o concello no cambio de lexislatura Ramón Varela explica que deixou un remanente en caixa de 532.00 euros

Lindeiros quixo preguntar ao portavoz do PP de Val do Dubra, Ramón Varela, si consideraba que o actual alcalde, o único concelleiro con soldo e que traballa sen xunta de goberno, podería compaxinar o cargo con de profesor

Este venres terá lugar o pleno no que se decidirá a retirada do soldo ao alcalde. Na constitución do concello tras as eleccións fixeron falta dúas votacións e a abstención de Terra Galega facilitou a asignación de solo ao alcalde, en este pleno extraordinario quedará de novo nas súas mans a resolución do conflito xa que o resto das posturas parecen inamovibles.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies