O PP pedirá á Deputación que amplíe a estrada DP-8201 ao seu paso por Teo

0

Teo, 5 de febreiro do 2017 (fonte PP)- O grupo do Partido Popular na Deputación da Coruña, encabezado polo seu portavoz, Agustín Hernández, trasladará ao próximo pleno provincial a necesidade de poñer en marcha un proxecto que permita levar a cabo as obras de ampliación da estrada DP-8201 ao seu paso polo municipio de Teo, entre a rotonda da autovía en O Piro (Oza) ata Campos (Teo) e no punto que enlaza coa estrada AC-241 (Ponte Ulla-Pontevea).

Hernández, que visitou a zona este martes acompañado polo portavoz dos populares en Teo, José Manuel Guerra, defendeu a “urxencia” dunha actuación que garantiría a seguridade viaria en determinados puntos dos 4,6 quilómetros que ten a estrada.

“Hai un par de semanas, un autobús escolar foise da estrada pola falta de espazo ao cruzarse con outro coche”, explicou o portavoz popular na Deputación da Coruña, quen subliñou que a calzada de Teo conta con tramos “especialmente estreitos” –Ponte do Outeiro-, o que dificulta a circulación en zonas como a de Cachóns onde, ademais, existen curvas sumamente perigosas.

Unha vía moi transitada

Así mesmo, Hernández xustificou a “necesidade” da actuación da Deputación en que a DP-8201 é unha das vías máis transitadas do municipio, xa que dá servizo aos máis de 2.000 veciños de cinco parroquias (Oza, Vilariño, Santa María de Teo, Bamonde e Lucí).

“Estamos a falar dunha estrada que dá servizo a moitos veciños que a utilizan, porque serve para conectar o Concello de Teo co municipio de Vedra”, defendeu Hernández.

Por todo iso, desde o grupo do Partido Popular da Deputación da Coruña “confían” en que o goberno provincial teña a “sensibilidade suficiente” para poñer solución a este problema, e no vindeiro pleno o grupo popular pedirá ao presidente que informe da situación e previsións para esta vía.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial