O PP de Rois rexeita adherirse a campaña En Negro contra a Violencia

0

Rois, 6 de setembro do 2017 – O grupo Xente de Rois presentou unha moción no pleno para adherirse a campaña En Negro contra a Violencia que foi rexeitada polos votos en contra do equipo de goberno do Partido Popular.

En Negro contra a Violencia é unha campaña nacida no concello de Compostela no ano 2015 á que se foron sumando concellos de todo tipo ata chegar no 2016 a un número de 17. No proxecto a día de hoxe xa hai anotados máis de 50 municipios de toda Galicia e 2759 establecementos comerciais. Concellos en negro contra a violencia consiste en impulsar durante unha serie de días de novembro as imaxes da campaña. lema sobre fondo negro, e animar aos empresarios a decorar aos escaparates do mesmo xeito.

Pere Tobaruela, concelleiro de Xente de Rois, presentou no Pleno Ordinario deste luns a moción para a adhesión de Rois a esa campaña que terá lugar en novembro.

A moción non saíu adiante polos votos en contra do grupo municipal do PP, que argumentou que “se trataba dunha moción partidaria e que eles xa estan facendo traballo neste sentido. E que en todo caso, si apoiarían unha campaña de tipo institucional”. Pere Tobaruela laiase desta negativa, “xa que se trataba dunha magnifica oportunidade para visibilizar e loitar dunha maneira mais efectiva contra a lacra da violencia machista. E, as veces, como é o caso, desde os concellos e necesario impulsar campañas e accions coma esta”. O concelleiro de Xente de Rois remarcou que “neste tipo de cuestións non hai que escatimar esforzos nin recursos. E aproveitar todas as ocasións”. Os outros dous grupos da oposición, BNG e PSOE, votaron a favor da moción.

Texto da moción:

A violencia machista é unha lacra, unha lacra que tamén existe nos pequenos concellos, aínda que dun xeito máis oculto, por iso é importante lanzar campañas para visibilizala, como a campaña que aludimos nesta moción: Concellos en negro contra a violencia de xénero. Cremos que é importante que desde os municipios nos involucremos e nos posicionemos contra a violencia machista.

Hai xa máis dunha cincuentena de municipios galegos que amosan o seu interese pola campaña Concellos en negro contra a violencia de xénero, centrada en espallar a mensaxe contra as agresións de xénero, ou sexa, promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía cara a violencia machista.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies