займ срочно

O PP de Santiago presenta unha iniciativa para que o concello dote de ramplas automáticas de acceso aos autobuses urbanos

0

Compostela, 26 de abril do 2017 – O Grupo Municipal Popular presentará no pleno desta semana unha iniciativa relativa á dotación de ramplas automáticas de acceso nos autobuses urbanos de Santiago.

Os populares, que recordan que na actual flota de autobuses aínda existen bastantes unidades que non dispoñen deste sistema de acceso, preguntan polas previsións do Goberno local para que a totalidade dos vehículos que conforman o sistema de transporte urbano dispoñan deste mecanismo para as persoas con mobilidade reducida.

Tendo en conta que o concello aínda non levou a cabo a necesaria renovación integral dos vehículos, o Grupo Municipal Popular formulará unha pregunta local sobre os plans de Compostela Aberta ao respecto de romper coas barreiras actuais e garantir a accesibilidade de toda a veciñanza.

Centro Sociocultural do Romaño

Por outra banda, os populares preguntan ao Goberno local pola data da posta a disposición da cidadanía do Centro Sociocultural do Romaño, tras varios anuncios de apertura fracasados. Neste senso, informan de que, a raíz dunha pregunta oral do Grupo Municipal Popular no pleno de maio de 2016, o goberno local aseguraba que as instalacións abrirían o un de setembro dese mesmo ano. Pero, varios meses despois, o propio alcalde daba unha nova data e fixaba a apertura do novo centro para antes da primavera de 2017.

Do mesmo xeito, os populares interésanse pola dotación do mobiliario á instalación. E é que tal e como recordan, debería estar colocado en febreiro do ano pasado. Tras a falta de noticias por parte de Compostela Aberta ao respecto, o Grupo Municipal Popular presentará tamén unha pregunta oral no vindeiro pleno para que o goberno dea conta da situación actual do centro e a data definitiva de apertura, así como tamén a da instalación do equipamento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies