займ срочно

Prazo de licitación para a estrada de Fonte Díaz a Santa Irene, entre Touro e O Pino

0

Bisbarra, 5 de abril do 2021 – A Deputación saca a licitación euros a mellora da seguridade viaria na estrada de Fonte Díaz a Santa Irene, nos concellos de O Pino e Touro.

O deputado responsable da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño Castro, explicou que as obras entre Touro e O Pino contan cun prazo de execución de 2 meses e un investimento de 238.231,59 euros.

As melloras aplicaranse nun tramo de 4,6 quilómetros na DP-6602 de Fonte Díaz a Santa Irene. Concretamente, iniciaranse no PK 0+000 e rematarán no PK 4+655 co obxectivo de mellorar o estado do firme, que se atopa deteriorado polo paso do tempo, e mellorar así a seguridade vial na zona.

En primeiro lugar sanearase a capa superficial da estrada e posteriormente dotarase unha nova capa de rodadura constituída por unha mestura asfáltica de cinco centímetros de espesor para rematar coa instalación de nova sinalización horizontal e vertical.

O prazo para presentar ofertas remata o 26 de abril.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies