Música, cultura e deporte abren as inscricións en Ordes

0

Ordes, 12 de setembro do 2017 –  As actividades de cultura e deporte e a escola de música municipal abren os prazos de inscricións en Ordes.

Sendeiros da cultura e deporte e un programa dirixido a xente de tódalas idades e que ata o mes de xuño propón unha oferta que inclúe Pilates, ioga, ioga terapéutico, zumba, ximnasia para maiores, ximnasia con material (fitball, picas, pesas de man…), hipopresivos, ballet, debuxo e pintura (adultos e nenos), teatro (a partir 12 anos), iniciación ao alemán (nenos) e alemán nivel I e II (adultos). Como novidade inclúese o curso para reducir, reutilizar e crear, a través do cal aprenderase a fabricar produtos de limpeza, elaborar colonias e crear elementos decorativos con material de refugallo.

No caso da oferta trimestral e mensual inclúese: informática (distintos niveis), deseño gráfico, cociña (de 3 a 9 anos), iniciación á pastelería (de 6 a 10 anos) e un curso para renovar o ropeiro.

As clases desenvolveranse tanto durante os días laborais en horario de tarde como os sábados durante a mañá. No caso das persoas adultas estipúlase un horario que permitirá compatibilizalo coa súa actividade laboral. As familias numerosas, as persoas maiores de 65 anos e aquelas que teñan unha discapacidade recoñecida igual ou maior ao 33% poderán beneficiarse de descontos especiais.

Para reservar praza deberase entregar no Departamento de Cultura ou Deporte a folla de inscrición debidamente cuberta, a cal se pode solicitar no mesmo Concello ou ben descargala na páxina web municipal www.ordes.com , as inscricións en Ordes para este programa están abertas ata o día 21.

Escola de música

O dous de outubro comeza tamén o curso na escola municipal de música do concello. O plan este ano estrutúrase en catro niveis de formación para, unha vez concluídos, acceder ao perfeccionamento, con posibilidade de preparación do acceso ao grao profesional do conservatorio. Música e movemento, linguaxe musical, coro, Combo Rock, banda xuvenil de ventos e percusión e Big Band. Como especialidades manteranse as clases de guitarra, piano, trompeta, trombón, tuba, trompa, bombardino, clarinete, saxofón e frauta.

En este caso as inscricións en Ordes están abertas ata o día 15.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies