займ срочно

O XVII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva para Tatán

0

Padrón, 8 de febreiro do 2018 – Eduardo Rodríguez Cunha, Tatán, foi o gañador do XVII Premio de Interpretación Maruxa Villanueva de Teatro según o comunicado emitido polo xurado do galardón.

Tatán, según explica o xurado, resultou merecente do galardón pola súa “longa traxectoria e o maxisterio no teatro de obxectos, a súa contribución á construción dun teatro de Títeres galego moderno”. Por outra banda “Rodríguez Cunha, coa compañía Tanxarina, proxectou internacionalmente a produción galega de teatro de obxectos, con especial atención á lusofonía, e impulsou esta arte en Redondela coa Mostra Internacional de Títeres que se celebra na vila”.

Nesta edición, o xurado estivo conformado pola concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso, como presidenta; como vogais, a escritora e profesora da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia Inma López Silva; o actor e profesor da Universidade da Coruña Carlos Caetano Biscainho Fernandez; o dramaturgo, profesor da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, membro do Consello Asesor do Centro Dramático Galego e membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Teatro, Alfonso Becerra Rojo; o profesor da Escola Superior de Arte Dramático Roberto Pascual Rodríguez; a actriz, doutora universitaria e especialista en teatro de obxectos Comba Campoy García; e a animadora social do Concello de Padrón, María Cruz Taboada Álvarez, como secretaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies