займ срочно

O I Premio Minas de San Finx de ciclismo dispútase o próximo sábado

0

Lousame, 17 de xullo do 2018 – O restaurante das Minas de San Finx foi o lugar elixido para a presentación do I Premio Minas de San Finx de ciclismo que se disputará o próximo sábado.

Na presentación do Premio Minas de San Finx estiveron a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde; a concelleira de Deportes de Lousame, María Requeijo; o tenente de alcalde de Rois, Manuel dos Santos; o presidente do Club Ciclista Padronés Aluminios Cortizo – Anova, Estanislao Vázquez Rey; o director deportivo desta entidade, Suso Blanco Villar; o seu tesoureiro, Manuel Montenegro; e o responsable da cantina-restaurante das Minas de San Finx, Cipriano Neo, lugar onde tivo lugar a presentación da proba.

Este premio ciclista, para categorías sub 21 e júnior, dará a saída ás 16:00 horas desde as Minas, emprazamento tamén para a meta. O percorrido é de 110 quilómetros de longo, cun itinerario polos municipios de Lousame, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Noia, Rois, Rianxo, Boiro, Padrón, Dodro e Porto do Son.

O percorrido

Os corredores pasarán por Berrimes, Quintáns de Berrimes, Noia, Taramancos, Portosín, Porto do Son, Xuño, Carballosa, Oleiros, Cruce da Curota, Polígono da Tomada, A Pobra do Caramiñal, Escarabote, Boiro, Taragoña, Bures, Alto de Bexo, Lestrobe, Padrón, Rois, Augasantas, O Martelo, San Xusto, Portobravo, Aldeagrande de Lousame e Minas de San Finx.

Vontade de que a proba medre

A alcaldesa de Lousame ofreceu o apoio do Concello para que esta proba continúe celebrándose. Teresa Villaverde pediu a colaboración de veciñanza e do público coa organización da proba. Un dos aspectos nos que incidiu a rexedora é a necesidade de estacionar nos espazos habilitados, aínda que estean a certa distancia da ruta ciclista. “San Finx é un lugar ao que se chega e do que se sae polo mesmo lugar –explicou Villaverde- polo que se todos atendemos as indicacións da organización evitaremos calquera incidencia”.

O presidente do Club Ciclista Padronés Aluminios Cortizo – Anova, Estanislao Vázquez, manifestou que o Premio Minas de San Finx “nace con vontade de ser unha gran proba que vaia a máis ano tras ano”. Vázquez Rey sinalou que a participación prevista rondará os cen corredores de diversos clubes de Galicia, Asturias ou Portugal, se ben advertiu de que o prazo de inscrición segue aberto ata as 15:00 horas do mesmo día da proba.

Suso Blanco Villar, director deportivo do Club Ciclista Padronés Aluminios Cortizo – Anova, afirmou que se trata “dunha proba de moita repercusión para a zona” e destacou as cualidades do trazado deseñado porque “resultará moi vistoso para as persoas afeccionadas e moi duro para os ciclistas”.

No desenvolvemento do I Premio Minas San Finx de Ciclismo participan o Club Ciclista Padronés Aluminios Cortizo – Anova, os Concellos de Lousame, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Noia, Rois, Rianxo, Boiro, Padrón, Dodro e Porto do Son, a cafetería-restaurante-museo Minas de San Finx, Abanca, Galicia Saudable, Deporte Galego, a Deputación da Coruña, Casa Benjamín e a Taberna de Angueira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies