займ срочно

O Premio Nobel de Química 2016, Jean-Pierre Sauvage, visita a USC

0

Compostela, 26 de novembro do 2018 –  O Premio Nobel de Química en 2016, Jean Pierre-Sauvage, estará en Compostela esta semana nunha visita que culminará o xoves 29 cunha conferencia ás 20.00 horas no Auditorio ABANCA na que falará das máquinas moleculares en bioloxía e en química.

De Bengt Nyman from Vaxholm, Sweden – EM1A0828, CC BY 2.0

A temática da sua charla foi polo que conseguiu o premio da Academia xunto con Sir J. Fraser Stoddart e Ben Feringa, unha investigación que abriu o camiño para a revolución nanotecnolóxica. O acto enmárcase nas actividades do Programa ConCiencia da USC e o Consorcio de Santiago de Compostela, e conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

Jean-Pierre Sauvage, profesor e investigador na Universidade de Estrasburgo (Framncia), completou o seu doutoramento na Universidade Louis-Pasteur en Estrasburgo en 1971 baixo a supervisión de Jean-Marie Lehn, describindo as primeiras síntese de criptos, que son moléculas bi e policíclicas sintéticas que se unen a un átomo de metal central. Foi profesor en Estrasburgo de 1981 ata 1984 e director de investigación no CNRS de 1979 a 2009, cando se converteu en director emérito.

Savage é un dos pioneiros da química supramolecular e publicou en 1983 a primeira síntese eficiente das moléculas cíclicas entrelazadas denominadas “catenanos”. Estas moléculas foron a base dunha das primeiras máquinas moleculares nas que o movemento dos aneis de catenano foi controlado a través de medios electroquímicos e fotoquímicos. Seguindo enfoques similares, o seu grupo produciu en 2000 unha estrutura de rotaxano que pode estenderse e contraerse como un filamento muscular. A súa outra investigación inclúe a modelización do centro de reacción fotosintético e a redución do CO2 por medios electroquímicos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies